O noso cole está a participar no programa"Aliméntate ben" co obxectivo de fomentar unha alimentación saudable. Durante 10 días, na hora da merenda tomamos froita variada e leite. A froita tiña unha pinta estupenda!! Mmmmm....
Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
mércores, 31 de xaneiro de 2018
martes, 30 de xaneiro de 2018
DÍA DA PAZ 2018
Hoxe 30 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz, aquí tedes unha pequena mostra das actividades que realizamos.
domingo, 28 de xaneiro de 2018
CONTACONTOS
Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil disfrutamos dun contacontos ofertado pola Deputación da Coruña. Raquel contounos a historia de dous amigos: Rita e Lolo, estes amiguiños queríanse moito pero tiñan moitas diferenzas entre eles. O conto "Te quiero (casi siempre)" gustounos moito porque ensina a resolver conflictos sen pelexarnos e iso está moi, moi ben, non vos parece?
Fixemos logo o noso monicreque de Lolo e Rita e levámolo para casa.
Foi fantástico e pasámolo moi ben!!!
venres, 26 de xaneiro de 2018
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O vindeiro martes 27 de febreiro as 16:30, todas as nais,
pais
e familias que esteades interesados en matricular aos vosos fillos e fillas no noso centro para o curso escolar 2018-2019, teredes a oportunidade de coñecer o centro.
luns, 22 de xaneiro de 2018
O MEU LIBRO DE PADRÓN
Comezaremos o proxecto: "A Volta o Mundo" partindo da nosa Comunidade e do Pais onde vivimos, para continuar visitando os diferentes paises do mundo, especialmente os Paises Europeos.
Comezamos a andaina!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
POEMA QUE DA MEDO.
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
Esta semana acompañóunos nos nosos talleres de cociña Begoña, a mamá de Xoel e Antía : Pasámolo moi ben con ela, contóunos cousas moi ...
-
O 15 de febreiro fixemoslle un pequeno homenaxe a figura de MACÍAS O NAMORADO . Con caixas de cartón formamos o personaxe de Macías e poste...
-
Nas aulas de educación infantil realizamos uns talleres sobre o consumo responsable centrado na temática dos xoguetes. Gracias a colaboració...