venres, 26 de outubro de 2018

NOVOS ANIVERSARIOS NA AULA DE TRES ANOS


   ESTA SEMANA ESTIVEMOS DE ANIVERSARIOS:  LÍA E SANDRA CUMPRIRON ANOS . LÍA CONVIDÓUNOS A  GALLETAS DE PEPPA PIG, QUE FIXO  COA SÚA MAMÁ,  ESTABAN BOÍSIMAS!!!
    A SANDRA TIVEMOS QUE AXUDARLLE  ENTRE TODOS A ELABORAR A  SÚA TARTA CON OBLEAS E NOCILLA.  QUE BOA NOS SAIU!!!

FELICIDADES ÁS DÚAS!!!! 
   SE QUEREDES VERNOS, CLICADE NO ENLACE: ANIVERSARIOS DE LÍA E SANDRA

mércores, 24 de outubro de 2018

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS. A NOSA MASCOTA ESTÁ DE ANIVERSARIO.

Hoxe no cole celebramos o cumpreanos de EF, a mascota da nosa biblioteca. Todos os nenos e nenas do cole cantámoslle o cumpreanos feliz e axudámoslle a soprar a vela co número 6. Moitos Parabéns EF!!!



sábado, 20 de outubro de 2018

PAN DE MILLO. OBRADOIRO


Esta semana, dentro do proxecto Alimentación saudable estamos coñecendo froitos do outono e un deles é o millo.
En varias sesións debullamos espigas, moemos, amasamos e degustamos o pan de millo despois de tocar, ollar, oír,  arrecender, ,... as distintas texturas que fomos obtendo. 
Clica no seguinte enlace se queres vernos "atarefados":

FACEMOS PAN DE MILLO


       Como podedes ollar estivemos moi activos, atentos e concentrados.
Ademáis aprendemos a canción de Migallas: Pan de Millo: "Se pan de millo vas merendar, mira os traballos que hai detrás...."

Queredes aprendela vós tamén?. Clicade no seguinte enlace:


xoves, 18 de outubro de 2018

GAÑADORES/AS DO CONCURSO DA BIBLIOTECA

Rematou o concurso da biblioteca: "UN COMPLEMENTO PARA EF", estes son os nosos compañeiros/as de primaria que gañoron o concurso.

Moitas Felicidades aos tres!!!


luns, 8 de outubro de 2018

SEGUIMOS COAS CELEBRACIÓNS... ESTÁ VEZ TOCOULLE A CLASE DE 5 ANOS!!

Na clase de 5 anos celebramos os aniversarios das nenas que cumpliron no verán: MARTINA e DANIELA BABÍO.

Moitos parabéns as dúas!!!!





domingo, 7 de outubro de 2018

ANIVERSARIOS, NA AULA DE 4 ANOS!

Estes dias celebramos na aula de 4 anos o aniversario de Flavia e dos compañeiros que estiveron de aniversario no verán  que foron Izan,Martina,Cayetana,Bárbara,Javi,Carlos e Leo Otero. Fixemos un montón de coroas e o biscoito estaba boisimo. 😋😋





venres, 5 de outubro de 2018

O MONSTRO DE CORES VISITA A BIBLIOTECA.

A CLASE DE 4º DE ED. INFANTIL, VISITAMOS HOXE,  POR PRIMEIRA VEZ A BIBLIOTECA, COÑECEMOS A EF E CONTÁMOSLLE O CONTO " O MONSTRO DE CORES"... ESE  QUE ANDA TODO LIADO COAS SÚAS EMOCIÓNS.   

CLICA NO ENLACE PARA VELO: 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d222651370k7752740o1l1/o-monstro-de-cores-visita-a-biblioteca







Na clase de tres anos... ESTAMOS DE ANIVERSARIO!!!!


  ESTAMOS DE ANIVERSARIO!!!!
    Este novo curso comenza, con caras novas e  xa celebramos os primeiros aniversarios. Esta semana tivemos os tres primeiros: Samuel, Antía e Saínza cumpliron 3 anos. Felicidades!!!

 Fixeron as coroas, Sainza contóunos como fixo as rosquillas coa súa tía e Antía gravou un vídeo-receita de como facer un biscoito de chocolate,;estivemos moi atentos véndoo!!! Cantamoslles"Cumpreanos feliz" e logo fixemos unha festa. Qué ben o pasamos!!

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d222637066k1371728o1l1/primeiros-aniversarios-deste-cueso

XOGAMOS AS CARTAS!!

Hoxe xogamos cunha nova baralla na clase, foi moi divertido!

luns, 1 de outubro de 2018

DE VOLTA NO COLE!!!



Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que levamos a volta ao cole!! Viñemos coas pilas cargadas e con ganas de seguir aprendendo e disfrutando!! Clicade no seguinte enlace: Video INICIO CURSO

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...