mércores, 30 de xaneiro de 2019

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

O día de hoxe estivo cargado de actividades e de bos momentos. Os nenos e nenas de infantil realizamos a actividade "TODOS COMEMOS PAZ", utilizamos moldes con forma de corazón e untamos en pan de molde nocilla, mantequilla e queixo. Co pan formamos a palabra PAZ, e despois comemos as tostadas que estaban boísimaasss!!! 
Todos os nenos e nenas do cole xuntámonos para cantar e bailar a canción "QUEROTE MAÍS".
Durante esta semana tamén fixemos un mural para conmemorar o día de hoxe, e decoramos mandalas da PAZ.



Ademáis elaboramos "RECEITAS POLA PAZ"





luns, 28 de xaneiro de 2019

COMO MEDRAMOS !!! ALGÚNS XA TEMOS 4 ANOS !!!!

   Co novo ano, na clase de tres anos xa empezamos a cumplir CATRO!!!!     QUE MAIORES SOMOS XA !      Este mes estieron de aniversario: Noel, Antía, Xoel, Gael, Aarón e Manuel. 

Queredes ver como o celebramos?


domingo, 27 de xaneiro de 2019

FORZAS ARMADAS

O venres 25 de xaneiro visitamos o pavillón do Souto, alí nos esperaban as Forzas Armadas con un montón de actividades para pasálo xenial. Realizamos un circuito moi divertido, vimos unha exhibición canina na que tamén puidemos participar e montamos nos vehículos que utilizan as Forzas Armadas. Pasámolo en grande!!

sábado, 26 de xaneiro de 2019

ANIVERSARIOS XANEIRO

Os nosos compañeiros RENÉ  e LEO estiveron de aniversario este mes de xaneiro.  Con eles xa son tres os nenos que teñen 6 anos. Que maiores!!!

Moitos parabéns chicos!!!




domingo, 20 de xaneiro de 2019

ARTE CON ROMERO BRITTO

Na aula de 5 anos adentrámonos na arte da man de Romero Britto, este pintor utiliza vibrantes cores nas súas obras. Na aula estamos pintando algúns dos seus cadros e está quedando un traballo fantástico!!





venres, 11 de xaneiro de 2019

PRIMER ANIVERSARIO DO ANO NA CLASE DE 5 ANOS

Comezamos o 2019 cumplindo anos. A nosa compañeira BEA xa ten 6 anos!!!!! estivo de aniversario nas vacacións de Nadal e hoxe celebrámolo no cole. Parabéns Bea!!!



martes, 8 de xaneiro de 2019

OS REIS MAGOS TAMÉN PASARON POLO COLE!!

Os Reis Magos non se esqueceron de pasar polo noso cole e deixáronnos un montón de agasallos. 
Cando entramos nas aulas quedamos abraiados ao ver tantos paquetes, disfrutamos moito xogando con  todo, que boa maneira de comezar o cole!!!











POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...