xoves, 30 de maio de 2019

CLASE DE MÚSICA

Hoxe foi un día especial na clase de música, tivemos a sorte de compartir esta sesión con Deva, a filla da nosa profesora Nuria, toda unha experta en tocar o violonchelo, deunos un concerto e deixounos probar o seu instrumento. Foi unha magnífica experiencia. Grazas Deva!













venres, 24 de maio de 2019

DANIEL XA TEN 6 ANOS!!

Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Daniel, soprou as velas e compartiu con nós un delicioso biscoito. Estaba boísimoooo, comémolo enteiriño!!
Parabéns Dani!!!


xoves, 23 de maio de 2019

XORNADA DE ACOLLIDA

Hoxe os nenos e nenas de 5 anos recibimos unha visita moi especial. As nosas compañeiras do próximo curso, EIRE e MIREYA, viñeron o cole a pasar o día con nós. Contámoslle moitas cousas sobre o cole, xogamos con elas nos recunchos, no patio, merendamos todos xuntos e amosámoslles as instalacións do cole.




mércores, 22 de maio de 2019

SAÍDA EROSKI

Os nenos e nenas de infantil realizamos unha visita ao supermercado Eroski de Padrón. Alí explicáronnos un montón de cousas sobre o funcionamento do supermercado, visitamos a carnicería a pescadería e sorprendéronnos cunha merenda de froitas riquisimaaaaaa!!
Tamén realizamos xogos, nos que tiñamos que adiviñar de qué alimento se trataba a través do tacto! Moi divertido!!



domingo, 19 de maio de 2019

TALLERES DE COCIÑA


Esta pasada semana, dentro dos nosos talleres de cociña preparamos " Copa de Fresas con Vainilla" e "Limonada"
 Como nos gustan as cousas que facemos nós mesmos!  Estamos feitos uns bos cociñeiros.!

Ollade que concentrados e eficientes estamos:

                                                           Clicade en "FRESAS CON VAINILLA"

E clicade  aquí para ver como facemos a LIMONADA 






sábado, 18 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano festexamos as letras galegas cunha "DANZA DE PAUS", na que participamos todos os nenos e nenas do Flavia!! Mirade o ben que saiu!!




Durante esta semana traballamos a figura de Antonio Fraguas, pintamos a súa caricatura e investigamos sobre o traxe tradicional galego. A profe Marta realizou unha explicación sobre as partes do traxe galego con baile e todo, aprendemos un montón. Grazas Marta!!!








mércores, 15 de maio de 2019

APRENDEMOS A RELAXARNOS


Como xa é habitual, despois de correr, saltar e brincar, temos un ratiño para relaxarnos. Ás veces son os nosos compañeiros que nos axudan pero hoxe fixéronno mellor que outros días porque tiñan a axuda dun.... GLOBO! Sí, sí, léstedes ben, un globo. Ollade, ollade:...

                                                    Clicade no seguinte enlace:
                                                                                                    "RELAXÁMONOS"


E, despois Manu, Izan e Julen ensináronnos a estar atentos á música para poder parar cando a deixamos de escoitar. Eles fixéronno xenial !!! e nós,... qué opinades?....
                                        
                                                   Clicade no seguinte enlace:
                                                                                                     


SAÍDA AUDITORIO

Hoxe o alumnado de infantil fumos ver unha obra de teatro o Auditorio de Padrón!!


mércores, 8 de maio de 2019

SESIÓN DE CONVIVENCIA COS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE PRIMARIA

Xa non queda nada para que o alumnado de 5 anos pase para primeiro!!!!
Os nosos/as compañeiros e compañerias de 1º de Primaria realizaron un obradoiro de cociña e prepararon deliciosas galletas, convidáronnos a probalas e compartimos con eles a hora da merenda.
Gustóunos moito visitar as aulas que serán as nosas o próximo curso, contáronnos moitas cousas que se fan en Primaria!! Foi unha fantástica experiencia!!




martes, 7 de maio de 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA. " NUGGETS DE POLO CON PATRICIA."

Que ben o pasamos hoxe!
  Cando chegamos á clase tiñamos un forniño eléctrico, unha tixola, aceite e unha espumadera  enriba dunha mesa!
 Esta Tica que nos fixo hoxe?
A profe explicóunos que íamos ter unha visita de Patricia, a mamá de Mauro para facer con ela un taller de cociña. Íamos preparar e fritir Nuggets de polo.

  Tivemos que averigüar que era iso, de onde procedía o polo, facer listado de ingredientes e ollamos como vivían os polos e como se despezaba un deles na carnicería porque so necesitabamos as peitugas e, logo, chegou ela : Patricia que se vestiu de cociñeira e puxémonos todos mans á obra. Queredes vernos?



xoves, 2 de maio de 2019

OS NENOS/AS DE TRES ANOS SEGUEN A CUMPLIR ANOS!


E, ESTA VEZ   TOCOULLE A MAURO CELEBRAR O SEU ANIVERSARIO  CON NÓS. 

QUE MAIOR!!! XA TEN 4 ANOS.

CELEBRÁMOLO CUNHAS PIRULETAS DE CHOCOLATE E UNHA TARTA DE QUEIXO 
QUE AXUDOU A FACER EL. ESTABAN DELICIOSAS!!!
. XA NOS DOU A RECEITA PARA QUE PODAMOS FACELAS NÓS.
    FELICIDADES CAMPEÓN!!!










POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...