venres, 30 de novembro de 2018

TALLER CONSUMO RESPONSABLE (XOGUETES)

Nas aulas de educación infantil realizamos uns talleres sobre o consumo responsable centrado na temática dos xoguetes. Gracias a colaboración do Instituto Galego de Consumo levamos a cabo esta actividade, na que cada neno/a elaborou unha medusa. Comprobamos o gratificante que é elaborar os nosos propios xoguetes!!










mércores, 28 de novembro de 2018

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante este mes, na aula de 5 anos habilitamos un espazo para expoñer os nosos experimentos. Pasámolo moi ben facendo hipóteses sobre o que podía pasar con cada un deles. Vimos como erupcionaba un volcán, como uns caraveis cambiaban de cor, como funciona un circuito pechado...
Mirade o seguinte video e veredes os resultados dos nosos experimentos!










luns, 26 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Para conmemorar esta data tan importante todas as nenas e nenos de infantil colaborarmos na elaboración dun mural, no cal pretendemos plasmar a IGUALDADE entre ambos SEXOS.






Aquí vos deixamos os enlaces duns cortos que visualizamos nas nosas aulas!

LALO EL PRINCIPE ROSA
SUPER LOLA


sábado, 17 de novembro de 2018

EXCURSIÓN A SANTIAGO (CATEDRAL E MERCADO DE ABASTOS)

O mércores 14 de novembro os nenos e nenas de 5 anos visitamos Santiago de Compostela. Entramos na Catedral e disfrutamos dunha visita guiada pola Plaza de Abastos. Ensináronnos todos os postos que hai: pescaderías, carnicerías, froitarías, panaderías... e puidemos facer un montón de preguntas. 
Moitas grazas aos comerciantes pola súa amabilidade. Sen dúbida unha gran experiencia!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra!!!


luns, 12 de novembro de 2018

UN OUTONO DE POESÍA

Neste curso traballaremos a POESÍA como eixo principal en moitas das nosas actividades de centro.
Coa chegada do outono realizamos unha actividade na que plasmamos en follas distintos poemas do outono, clicade no video e mirade que ben quedou!!

sábado, 10 de novembro de 2018

CONTOS DE MEDO

O venres 9 de novembro os alumnos/as de 1º da ESO do Instituto Camilo José Cela viñeron a contarnos contos de medo, gustounos moito a súa visita. Pasámolo xenial escoitanto os contos!!

luns, 5 de novembro de 2018

LAND ART NA CLASE DE 5 ANOS

Os nenos e nenas de 5 anos traballamos coa técnica Land Art, creamos caras con elementos do outono. Quedaron xeniais!!! Sodes uns artistas!!

sábado, 3 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

O mércores 31 de outubro celebramos no cole o MAGOSTO e o SAMAÍN. Comezamos a maña cun contacontos, despois realizamos talleres nas aulas, un taller de cociña onde preparamos merendas monstruosas e un taller de manualidades onde fixemos unhas simpáticas arañas. Para rematar a maña degustamos unhas deliciosas castañas. Un día moi divertido!!!!

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...