luns, 24 de decembro de 2018

BO NADAL!!!

A ESTAS ALTURAS DE MES, CONFIAMOS EN QUE CHEGARÍAN ÁS VOSAS CASA AS POSTAIS DE NADAL QUE CON TANTO CARIÑO FIXERON OS NENOS E NENAS E QUE LOGO LEVARON A CORREOS.
 BO NADAL FAMILIAS!!!  POSTAIS DE NADAL

POR FÍN: TODOS TEMOS TRES ANOS!!!!

REMATA O TRIMESTRE  E ...XA TODOS CUMPLIMOS  POR FÍN OS TRES ANOS. OS ÚLTIMOS FORON MANUEL L. E JULEN.
QUEREDES VER QUE BEN O PASAMOS? POIS OLLADE:

                             ANIVERSARIO MANU E JULEN

domingo, 23 de decembro de 2018

CELEBRAMOS O NADAL

As vacacións de Nadal xa chegaron e o venres 21 festexamos esta data cunha gran festa no cole. Primeiro tivemos a visita dos Reis Magos, despois tomamos as 12 uvas ao son das campanadas e por último tomamos chocolate con churros!!!! 

Ademáis todos os alumnos/as, os profes, o conserxe, e o persoal de cociña do cole participamos nunha panxolña: "Volver a casa por Nadal ". Clicade no seguinte enlace e veredes que ben nos quedou: VOLVER A CASA POR NADAL

FELICES FESTAS!!!

mércores, 19 de decembro de 2018

CONTOS DE NADAL

Os alumnos/as de 6º de Primaria inventaron contos de Nadal e viñeron a infantil a contalos.
Foi moi divertido, moitas grazas compañeiros/as por compartilos con nos!



luns, 17 de decembro de 2018

UN NADAL POÉTICO

Como xa sabedes, este curso a Poesía é a protagonista de moitas das actividades que levamos a cabo no cole. Por este motivo, nos adornos navideños que ambientan os nosos corredores pódense ler diferentes fragmentos poéticos, rimas, algunha panxoliña...
Unha vez máis agradecemos a vosa colaboración!!






sábado, 15 de decembro de 2018

GARDA CIVIL DE TRÁFICO

O venres 14 de decembro visitounos a Garda Civil de Tráfico, explicáronnos a importancia de cumprir as normas de seguridade vial e contáronnos moitas cousas do seu día a día nesta profesión. Trouxeron materiais que puidemos probar, deixáronnos montar nas motos e nos coches e ata poñer a funcionar as sirenas!!!!



xoves, 13 de decembro de 2018

MALETA DIDÁCTICA: CAMILO JOSÉ CELA


Durante un par de semanas tivemos no noso cole a maleta de Camilo José Cela, coñecemos máis de cerca a historia deste escritor gracias ao conto "Camiliño Josesiño". Xogamos co material que había dentro da maleta como o gorro de ferroviario, a pluma coa que escribia as súas obras, a súa casa feita en cartón... Transcribimos o conto de Camiliño Josesiño para así poder ter unha copia na nosa biblioteca de aula, foi moi interesante poder dispoñer deste material.





mércores, 12 de decembro de 2018

XARDÍN BOTÁNICO

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos o Xardín Botánico de Padrón, aprendemos os nomes dalgunhas árbores como:  Coroa de Cristo, Secuoya de Rosalía de Castro, o Buxo de Camilo José Cela... e sentámonos no banco dos namorados. Pasámolo moi ben!!
 Mirade o seguinte video e veredes!!!







POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...