martes, 26 de xuño de 2018

O LIBRO DE EUROPA


Ao longo deste curso traballamos "A Volta ao Mundo", na clase de 4 anos centrámonos en Europa. Elaboramos un libro viaxeiro, no que cada neno/a escollía un país europeo e investigaba sobre él.
Quedou un traballo fantástico, aquí vos deixo unha pequena mostra.

LIBRO DE EUROPA


Grazas as familias pola vosa implicación nesta experiencia!



xoves, 21 de xuño de 2018

FIN DE CURSO


Celebramos o último día de cole, cunha gran festa, clicade no enlace e veredes!!!
FESTA FIN DE CURSO
Disfrutade das vacacións!!!

GRADUACIÓN DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS


Os alumnos/as de 5 anos deixan o ciclo de Educación Infantil e en setembro darán o gran paso a Primaria. Tras unha conmovedora actuación recibiron as súas orlas e celebraron o día por todo o alto.
Boa sorte rapaces!!!!






mércores, 6 de xuño de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 de Xuño)



Os nenos e nenas de 4 anos participamos no concurso escolar: "CUIDEMOS EL MEDIO AMBIENTE". Despois de reflexionar sobre o tema, e valorar a importancia de coidar o noso planeta, elaboramos un mural colectivo. Sacámoslle unha foto e mandámola ao concurso.
O 5 de xuño co motivo do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, enviáronnos un diploma a cada un pola nosa participación no concurso.
Aprendemos un montón de cousas pero ó máis importante é que TODOS debemos contribuir a coidar o medio ambiente.
COIDÉMOLO, SÓ TEMOS UN!!



luns, 4 de xuño de 2018

EXCURSIÓN O GROVE


O venres 1 de xuño realizamos a excursión de fin de curso O Grove. Alí disfrutamos dun fabuloso paseo en catamarán, foi realmente divertidoo!!! Aquí vos deixamos unha pequena mostra! 

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...