xoves, 30 de xaneiro de 2020

Martes Matemáticos

Os Martes ademáis do momento de "chapa e pintura" estamos comezando a facer xogos matemáticos entre todos. Iremos introducindo novos xogos  cada pouco, e retomando outros para xogar. Aquí os tedes pondo pinguiñas de choiva nas nubes, algúns soiños, outros con axuda, pero todos moi atentos.




Letra A

Ola. Como xa vos dixemos, estamos a empezar a traballar os nomes e as letras. E a semana pasada, supoño que xa se chivarían.. tocou a A.
Aquí tedes un pouquiño do traballo que fixemos.
Pensamos entre todos palabras que empezan pola letra A. Discriminamos os nomes que teñen esta letra e os que non. A trazamos en diferentes superficies, e fixemos a nosa letra A de repaso cos nomes dos compis que comezan por esa letra




Dende entón vemos letras A por todos lados. No mantel da Paz, no recuncho da escritura... :).







Fixemos tamén debuxiños e cousas para facer entre todos o libro da A para a nosa biblioteca de aula: 



E traballamos cancións coma esta. Que seguro que algún e algunha xa andaba a tarareala.




ANIVERSARIO MARIO GONZÁLEZ

Este mes na clase de 3 tivemos o cumpre de Mario González. Foi un mes tranquilo fronte a clase de 4 anos que foi todo troula :). Xa nos tocará, xa.....
Cando o celebramos aínda non estábamos todos maliños e puidemos disfrutar todos xuntos. O pasamos xenial, están desexando cumprir todos 4 xa!







LETRA I E A CARTEIRA DAS LETRAS

Dentro do traballo das letras, esta semana iniciamos unha nova actividade. O Carteiro das Letras. Esta semana tocoulle a Xela e a letra I. Estaban encantados e a carteira moito máis. 
Cada semana tocaralle a un compi da clase e terá que traer nunha bolsa obxectos que teñan un letra (SECRETA) que levará escrita nunha nota. 
E logo, na clase a carteira ou carteiro ten que petar na porta e facemos teatrillo. Preguntamos quén é, nos dí que é a Carteira e que nos trae unha letra que temos que adiviñar... e ahí comeza o xogo, antes de sacar cada obxecto da caixa vamos facendo preguntas, dando pistas... vamos sacando e escribindo o nome das cousiñas e pouco a pouco van dicindo letras ata acertar. 
O final xa estamos todos/as case seguros da letra que imos a traballar o longo da semana.
Encantoulles. Procurade que sexan cousas para deixar porque xogaremos e repasaremos con elas. Este luns tocaralle a ...sorpresa! :).







E logo a traballar a letra, como non. 






Procuro que non se note moito cando fago a foto, pero...os hai que están a todo :)




mércores, 29 de xaneiro de 2020

ANIVERSARIO DE AARÓN E DE MANUEL SOBRINO

Para rematar o mes celebramos os cumples de Aarón e de Manu  por todo o alto.
   Cociñáronnos unha bica e un biscoito para compartír cos nenose nenas da clase. Recibimos "instruccións " moi concretas de cómo batir os ovos, o leite que temos que utilizar ( sen lactosa, claro), a fariña ten que ser branca e o azucre tamén. " Non se lle bota sal!!! que quede claro". Necesita polo menos oito ou 10 minutos no forno e logo a esperar!!!.
    Fixémoslle tarxetas, axudamos coas coroas, contamos as velas por se faltaba algunha, cantamos "cumpleanos feliz" en TRES idiomas!!! Ah! e non se nos olvidaron os tiróns de orellas nin a festa de burbullas!!!
   Pasámolo xenial !!!

Grazas familias! e FELICIDADES CUMPLEAÑEROS!!!

xoves, 23 de xaneiro de 2020

ANIVERSARIO DE GAEL!!! E VAN CINCO ESTE MES!!!




    Tócanos o turno de festexar o aniversario de Gael: cumpliu o día 18  CINCO anos!!!
    Estaba moi impaciente para contarnos como fixo, con axuda de mamá, o seu biscoito con pepitas de chocolate.
    Fixémoslle tarxetas de felicitación e, mentras Gael cubría os datos do seu diploma recibiu  como é costume, moitos biquiños e  se algún/algunha  se olvidaba, aí estaba Gael moi atento para reclamarllo: Como se van olvidar de darlle un bico  a un dos   máis "biqueiros" da clase!!!.
   Houbo que soplar varias veces para apagar as velas: é que son tantas!!!
   Merendamos e celebramos a festa das pompas ( que nunca esquecen), antes de marchar para o recreo.

   Ollade que ben o pasamos:



venres, 17 de xaneiro de 2020

XOEL E ANTÍA CUMPLEN 5 ANOS!!!

   Cando ainda temos recente o aniversario de Noel, tócanos celebrar o de Xoel e Antía!!!
   Deleitáronnos cunha explicación moi detallada de c´omo fixeron a tarta da avoa mentras ollábamos as imaxes na pantalla. Levóulles dous días! Claro e que a tarta tivo que arrefríar para poder decorala!
   Estaban supernerviosos.  Fixémoslles unhas postais de recordo mentras eles cubrían o seu diploma.    Contáronnos tamén a bonita historia do seu nacemento antes de degustar a riquísima tarta feita tan coordinadamente.
   Fixemos a nosa festa de burbullas e,....para rematar regaláronnos a cada un DOUS lápis con goma!!! Guau! que contentos marchamos este mércores para a casa.

   Felicidades Xoel!!!!
   Felicidades Antía!!!!
   Grazas familia!!!

xoves, 16 de xaneiro de 2020

EMPEZAMOS A CUMPLIR 5 ANOS !

   Empezamos o ano e xa estamos cumplindo anos!
   Este mes están sete nenos e nenas de aniversario!  E, o primeiro foi NOEL que lle axudou a Ana a facer un biscoito riquísimo con unha sorpresa nas letras que nos deixou a boca e a lingua  verdes!!! Cantas risas!
  Olla de o vídeo para ver que ben o pasamos.

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...