xoves, 26 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO (PONTEVEDRA)



O martes 24 de Abril, fumos de excursión ao Salón do Libro en Pontevedra. Alí puidemos disfrutar da obra de teatro: "A ovella Engracia". Clicade no seguinte enlace e veredes!!!!  SALÓN DO LIBRO

luns, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


Hoxe celebramos o "DÍA DO LIBRO" con numerosas actividades: fixemos flores co título dos nosos contos preferidos, decoramos portadas de varios contos, escribimos aqueles motivos polos que nos gusta ler, e disfrutamos dos contos no patio do colexio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos preparando as  actividades para o día do libro!!!!

martes, 3 de abril de 2018

DÍA 2 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil fixemos no cole unha "Búsqueda do Tesouro". As pistas do xogo nos levaron a distintos recunchos do cole onde estaban agochados os ovos, dentro de cada ovo aparecía o título dun conto, o cal escribíamos ao lado de cada pista, e finalmente rematamos a búsqueda na biblioteca, onde poidemos botarlle unha ollada aos contos...
Pasámolo xenial!! Clicade no video e veredes!! "BUSCANDO OVOS"

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...