luns, 25 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Celebramos o aniversario de ROSALÍA DE CASTRO, para festexalo todos os nenos e nenas de infantil sopramos as velas, e decoramos a imaxe de Rosalía con lazos de cores, quedounos xenial!!

Incluso algún compañeiro animouse cun poema!!!


Mirade o seguinte video e veredes como desfrutamos deste día tan especial!!

xoves, 21 de febreiro de 2019

HOMENAXE A MACÍAS O NAMORADO

O 15 de febreiro fixemoslle un pequeno homenaxe a figura de MACÍAS O NAMORADO. Con caixas de cartón formamos o personaxe de Macías e posteriormente recitamos unhas poesías, clicade no seguinte enlace e veredes que ben o fixemos!!!

Video Macías O Namorado

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO, NA CLASE DE 5 ANOS!!!!

Seguimos cumplindo 6 anos!!!!
Este mes de Febreiro celebramos os aniversarios de 3 compañeiros/as: HUGO, AMELIA e MARTIÑO.








MOITAS FELICIDADES!!!😊

mércores, 13 de febreiro de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes 26 de febreiro ás 17.00 h. convidámosvos a unha "XORNADA DE PORTAS ABERTAS" no noso cole. Animádevos veredes como vos gusta!!!


xoves, 7 de febreiro de 2019

TALLERES DE MOTRICIDADE FINA

Na aula de tres anos estamos a pasalo xenial cos novos xogos que nos deixou Tica, a nosa bruxiña da clase. 
Todolos días nos depara sorpresas !  Gustáronnos moito e estivemos moi concentrados pescando, facendo series, clasificando bolas, facendo plastilina caseira,...!

   Ollade, ollade.....








POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...