domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola!. Que tal a saída con peques a respirar aire e cargar pilas?. Seguro que serviu para enchernos de enerxías e ver un pouquiño as cousas doutra cor :).

Seguimos co repaso. Esta semana propóñovos CIRCUÍTO DE TRAZOS: En varios folios, papel continuo ou o que teñamos a man, faremos trazos que servirán para que repasen cun coche e logo sigan recortando. Fixádevos nos xiros que fan as letrasou números que estades a repasar para que ese s trazos teñan algo de parecido ou simplemente traballade o trazo en zig-zag, ondulado, recto....Aquí tedes un exemplo
FACEMOS PLASTILINA. Esta actividade xa a fixemos na clase no primeiro trimestre, pero como a plasti, do mesmo xeito que os rotuladores encántalles...pois por se andades escasos sempre se pode facer con cousiñas que temos na casa. O truco da receita (que hai moitas variantes) está en ir engadindo a fariña que vexamos que nos fai falta para que non se pegue e gardala despois nunha bolsa de conxelado ou nun bote pequeniño para que non se seque. Por exemplo, podemos empregar:
1 CUNCA DE AUGA. 1 CUNCA DE FARIÑA. 1/2 CUNCA DE SAL. 1 CULLER DE CEITE E UNHAS 3 GOTAS DE COLORANTE ALIMENTARIO.
Se o que queredes é repasar o nome, podemos facer un ARCO DA VELLA CO NOME. Con goma eva, fieltro, ou papel pintado de cores facemos un arco da vella coas líneas un pouquiño anchas se é posible, e cada cor será unha das letras do nome.
Esta actividade é para fixar visualmente o nome, pero tamén coñecer a orde das letras sen que bailen ou falten, xa que se queremos que o arco da vella quede feito só hai unha opción.







Para repasar os números ademais das fichas de traballo que vos pasarei para aqueles interesados, propóñovos este xogo para o teléfono ou tablet: esta semana toca ASOCIAR CANTIDADE E GRAFÍA ( DO 1 A0 5). (Clicade na Imaxe para acceder)
A profe Estefanía mándavos saúdos e déixavos esta SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE para o que teña ganas de exercicio
E a profe Nuria creou un blogue chulísimo. Esta semana propóñovos participar na actividade de CREAR UNHA ORQUESTRA. Os compis da clase de 4 anos xa se animaron a participar, podedes ver as súas creacións aquí. Se alguén se anima mandade o vídeo e a profe Nuria incluirao co resto de compis encantada. (clicade na imaxe para ir a entrada)

Un saúdo e Feliz Semana

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...