Seguimos coas propostas de traballo, para este semana propóñovos facer:
UN MANTEL PARA PRACTICAR OS TRAZOS.
Está actividade a fixemos na clase as últimas semanas. E serve para traballar o trazo que logo empregaremos no trazado de letras e números.
Podemos empregar unha tea vella, unha cartulina,papel de envolver,etc para facer a base. E nela debuxaremos diferentes trazos. Logo con pedriñas, bonecos pequenos,pasta...ou o que teñamos a man seguiremos o trazo. 
ASOCIAMOS NÚMERO-CANTIDADE
Novamente nunha base que pode ser tamén tea,varios folios....debuxaremos con axuda dun vaso 10 círculos. E faremos como na foto. Pintaremos en cada círculo 1,2,3...puntiños e nunhas tapas,cunchas,vasos...o que teñamos a man...os números do 1 al 10. E simplemente terán que ir contando puntiños e asociando número e cantidade. Compensa facer este tipo de actividades máis que tanta ficha, porque así tamén nos aseguramos que realmente entende o concepto do número.
PINTURA PARA A HORA DO BAÑO
Hai moitas recetas. Está semana propóñovos esta. Un consello o azul mancha moito :). Probade a primeira vez con amarelo ou vermello. Con esta actividade enguarran un poco, pero o pasan xenial e é mais fácil de limpiar. É unha receta moi rápida, a dificultade está en que non mollen moito o pincel na bañeira ou se diluirá moito, pero o importante é que experimenten e xoguen. Podedes aproveitar para repasar as cores, facer mexturas e ver que cor sae...
Necesitades:
1 culler de almidón de maíz (Maicena)
5 pulsacións de xabón do baño
3 gotas de colorante alimentario
1 ou dúas culleradas de auga. Depende da consistencia que queirades.
1 pincel (ou pintar cos dedos)
Recipientes para as cores, por exemplo o do xeo
Se non vos queda como queredes xogade coa cantidade de maicena, auga e xabón.
CANCIÓN DA VOGAIS
PRACTICAMOS SERIES POÑENDO PULSEIRAS
Hai que seguir a serie escollendo a pulseira que ven a continuación, déixovos as variantes de máis fácil a difícil.
XOGAMOS O ESPELLO MUSICAL COA PROFE NURIA
FACEMOS PSICOMOTRICIDADE CON ESTEFANÍA
Ningún comentario:
Publicar un comentario