1.- CONTAMOS CON PAUS E ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO
Tal como se ve na foto. Colleremos rolos de papel hixiénico ou da cocina, ou mesmo vasos, escribiremos o número e a repartir paus
2.- FACEMOS TRASVASES CON XUDIAS MULTICOLORES
Con esta actividade ademáis de divertirnos, poderemos empregala logo para xogar os trasvases, xogar cun colador, collelas con boteciños, con pinzas, con culleres...de un bote a outro....practicaremos a psicomotricidade fina, a creatividade e a concentración. E logo a limpeza :). Podemos facer esta actividade con arroz tamén, pero as alubias son máis fáciles de recoller :P.
Logo con elas tamén podemos xogar a clasificalas por cores, ou facer debuxos e composicións con elas
3.- REPASAMOS AS CORES E TRABALLAMOS A ATENCIÓN
Para xogar e refozar a atención, podemos facer este xogo. Trátase de calcar as mans nun folio (podemos decoralas ou non, aquí en función dos gustos de cada neno/a) e logo pegaremos folios de cores o redor do papel das mans, tal como aparece na foto. Nos faremos un patrón primeiro que logo eles terán que repetir. Comenzade por unha cor, logo dúas... e ide ampliando en dificultade según os/as vexades para que non se frustren.
4.- REPASAMOS O NOME CON CHINCHETAS DE CORES
Trátase de facer o que se ve na foto:por o nome do neno/a e facer un código de cor para cada letra. E nun trozo de cartón escribir varias letras que terán que ir localizando e cravando unha chincheta. Con vixiancia non teremos problema. Se non vos fiades, pois simplemente pintaremos con ceras de cores por exemplo
5.- SEGUIMOS O RITMO, E BAILAMOS E CANTAMOS COA PROFE NURIA
6.- FACEMOS PISCOMOTRICIDADE COA PROFE ESTEFANÍA