Amosando publicacións coa etiqueta 4 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4 anos. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2020

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE 1

Xa agotastedes tóda-las cancións do Just Dances, dominades xa todas as posturas de ioga e precisades de novas ideas para exercitarvos un pouco... a profe Estefanía proponnos esta semana esta sesión de Psicomotricidade e mándavos moitos biquiños e saúdos. Fixádevos ben porque precisades dalgún material ben curioso...que disfrutedes moito do exercicio.

martes, 14 de abril de 2020

IDEAS E ACTIVIDADES DO PROXECTO EDUCACIÓN RESPONSABLE

Boas, deixámosvos unha nova quenda de actividades de Educación Responsable por se a alguén lle puidesen ser de utilidade mentres esperamos noticias de como se vai a desenvolver este terceiro trimestre.
Un saúdo e biquiños dixitais

venres, 27 de marzo de 2020

XOGOS ABN MATEMÁTICAS




Deixámosvos uns xogos para repasar as mates. A gusto do consumidor e nivel de cada neno/a. Xogos hai moitos... pero estes son súper completos e funcionan moi ben no teléfono e na tablet.

Un saúdo



EU QUÉDOME NA CASA (EDUCACIÓN RESPONSABLE)

Ola bos días, como xa sabedes levamos uns anos traballando un Programa de Educación Responsable da Fundación Botín. Compartímosvos estas ideas que nos propoñen para estes días de corentena por se algunha familia puidéselle ser de utilidade. Un saúdo e ánimo



venres, 20 de marzo de 2020

FACEMOS UNHA MANUALIDADE?

Ola Familias!
Si queredes pasar un ratiño tranquilos, aqui vos deixamos unhas ideas para facer manualidades cos cativ@s.


Ánimo a tod@s!

luns, 16 de marzo de 2020

Tarefas aconselladas durante o periodo de permanencia na casa


Ola familias. Estes días iremos subindo cousiñas para que se nos faga a todos máis doado estar na casa cos cativos/as. Por exemplo podemos aproveitar para traballar: 

- Os contos: deixando que sexan eles partícipes dos mesmos: Contar contos ou vendo algúns por internet  e logo que escriban o que máis lles gustou, o fagan un debuxo. Inventar un final diferente. Xogar a que pasaría se...(por exemplo a bruxa fose boa, se os porquiños non marchasen da casa...etc). 

- Lectoescritura:  buscar letras nas revistas, paquetes, pola casa, nas etiquetas da roupa.. Xogar a palabras encadeadas,...Os máis pequenos escribindo o seu nome: escribíndolles o modelo en grande e que poñan garbanzos o macarróns seguindo os trazos, copiando o trazo, pegando plasti enriba... Os maiores que escriban alguna palabra ou frase significativa, pero respetando as súas creacións e escrituras. Tamén podemos aproveitar pinzas da roupa ou tapóns para por letras e que compoñan palabras con elas....

- Lóxicamatemática: Contar obxectos habituais (xoguetes, froitas, calcetíns...)buscar números pola casa. Facer seriacións. Sumar obxectos. Agrupar (escribir en diferentes folios números e teñen que buscar tantos obxectos como representa o número). Escribir os números en folios, vasos de papel, rollos de papel hixiénico e xogar a quitar números e ver cal falta, ...

- Plástica: recortar con texoiras, rasgar cos dedos, facer collage con trozos de revistas, teas vellas... xogar coa plasti, debuxo libre, facer manualidades 

- Xogar a xogos de mesa: adiviñas, cancións, xogar o vexo-vexo...

- Xogos de movemento: facer un circuíto no corredor, facer ioga, xogar a pita cega, o escondite inglés, bailar, etc.

-Investigar: Comezar unha pequena investigación dun tema que lles guste ou motive.

- Recursos na aula virtual do colexio:  Hai un proxecto sobre o Coronavirus con explicacións para nenos e adultos, actividades e como contarlles ós nenos/as o que sucede. Está sacado do blog: "misalaamarilla.blogspot.com"
TENDES QUE ACCEDER COMO CONVIDADOS :

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipflavia/aulavirtual2/course/view.php?id=17 -

Películas, xogos, manualidades.-
https://teachersforfuturespain.org/recursos-para-los-dias-de-cole-a-distancia/?fbclid=IwAR0jZmBdDJMd_W4bX7ZEqxEnF_TY6AqSv5xT6Im__FXPuQ7ka4mwK1iATq4

 XOGOS DE MOVEMENTO PARA XOGAR COS NENOS E NENAS

CONTACONTOS: EDITORIAL KALANDRAKA.- CADA DÍA ENGADEN UN CONTO MÁIS:
http://kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=33&pagina=1&video=Antonio%20Rubio%20-%20Animales#PD_Antonio%20Rubio%20-%20Animales 

E sobre todo desfrutar dos nosos fillos/as e que xoguen moito.

Deixamos tamén o enlace a esta páxina na que da ideas de como secuenciar os días para pasar en familia. E tamén recursos para traballar:

http://aulasgalegas.org/planificacion-do-dia-para-infantil/
E outra con cancións e recursos en galego:

https://orellapendella.gal/



Un saúdo e ánimo

As profes de Infantil.


sábado, 7 de decembro de 2019

CREACIÓN DE BONECOS DE NEVE

Este ano o Equipo de Extraescolares do cole propuso que todas as clases participasemos na decoración do Salón dos Pasos Perdidos do cole para o Nadal, con bonecos de neve con material de refugallo. E vela aquí as nosas aportacións.


















CONTACONTOS A MOSCA CHOSCA

Que ilusión nos fixo a todos/as que os nosos compis de primeiro nos contasen a súa versión do conto "A mosca Chosca", encantóunos.


venres, 6 de decembro de 2019

CORO ANTÓN FRAGUAS NO AUDITORIO DE PADRÓN COS NENOS E NENAS DO CEIP FLAVIA

Por fin chegou o día agardado: Escoitar o coro do IES ANTÓN FRAGUAS no Auditorio de Padrón. Actuación enmarcada dentro do Programa DE Educación Responsable no que estamos participando dende hai tres cursos.
      O coro está formado por rapaces e rapazas do trece e catorce anos maioritariamente que, da man do seu mestre Carlos  ensaian durante os recreos para logo deleitarnos con estas   voces prodisiosas e  preciosas cancións    que lograron captar toda a atención dos nosos nenos e nenas.
    Grazas por vir a visitarnos, cantar para nós e coñecer o noso colexio. Noraboa e seguide así que o facedes moi, moi ben!!!
 Deixámosvos uns pequenos fragmentos da súa actuación. Agardamos que vos guste tanto como a nós:
  
      

   










                                          

                                          

         











domingo, 24 de novembro de 2019

MES DA CIENCIA NA AULA DE CATRO ANOS

Como xa sabedes, o mes de novembro é o mes da ciencia. Na nosa aula iniciamos unha etapa de experimentos tentando reproducir un volcán aproveitando o xeo seco que nos pasou unha mamá que traballa nun laboratorio. Grazas Vero!!!
   Estivemos moito tempo enredados falando sobre qué é un volcán e captando as ideas previas, facendo preguntas, intentando averigüar como se forma a lava, o tamaño dun cráter, a temperatura dentro da Terra,.... vendo documentais de volcáns reais en erupción, indo a buscar area ó areeiro, ollando os materiais que necesitábamos e facendo un listado, sentindo  na cara o frío que desprendía o xeo seco (está a tan baixa temperatura que si o tocamos pode queimarnos), preparando o volcán,... e por fín fixemos que entrara en erupción ainda que non chegou a saír lava, foi todo un acontecemento ver como fervía dentro do cráter a auga con colorante.

Así o fixemos:



















E así o explicamos:





          Experimento volcán

                                                  








ANIVERSARIO DE MANU !!!

   Esta semana Manuel L. cumpliu 4 anos, por fín !!! Estivo moi nervioso toda a mañán pero paámolo moi ben:
     Nada máis chegar preparou a súa coroa que quedou moi colorida, logo contóunos cómo cociñou a bica coa súa mamá, ingredientes que usaron, como se bate,botou a masa nunha "sarten" (insistiu) e logo, ó forno durante un ratiño. Cando a sacaron arrecendía moi ben pero queimaba. Arrecendémola todos e, efectivamente,....que ben ulía!!!!
   Fixo a bica sen lactosa para que pudéramos comela todos/as e tamén nos trouxo batidos de chocolate, Un,...tamén sen lactosa: Que detalle. Grazas familia!!!

   Non quedou nadiña!!! Estaba moi, moi boa!!!!
Rematamos o día coa nosa festa de Burbullas:  Ollade o ben que o pasamos AQUÍ

martes, 8 de xaneiro de 2019

OS REIS MAGOS TAMÉN PASARON POLO COLE!!

Os Reis Magos non se esqueceron de pasar polo noso cole e deixáronnos un montón de agasallos. 
Cando entramos nas aulas quedamos abraiados ao ver tantos paquetes, disfrutamos moito xogando con  todo, que boa maneira de comezar o cole!!!











sábado, 15 de decembro de 2018

GARDA CIVIL DE TRÁFICO

O venres 14 de decembro visitounos a Garda Civil de Tráfico, explicáronnos a importancia de cumprir as normas de seguridade vial e contáronnos moitas cousas do seu día a día nesta profesión. Trouxeron materiais que puidemos probar, deixáronnos montar nas motos e nos coches e ata poñer a funcionar as sirenas!!!!



mércores, 12 de decembro de 2018

XARDÍN BOTÁNICO

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos o Xardín Botánico de Padrón, aprendemos os nomes dalgunhas árbores como:  Coroa de Cristo, Secuoya de Rosalía de Castro, o Buxo de Camilo José Cela... e sentámonos no banco dos namorados. Pasámolo moi ben!!
 Mirade o seguinte video e veredes!!!







POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...