Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
venres, 26 de outubro de 2018
NOVOS ANIVERSARIOS NA AULA DE TRES ANOS
ESTA SEMANA ESTIVEMOS DE ANIVERSARIOS: LÍA E SANDRA CUMPRIRON ANOS . LÍA CONVIDÓUNOS A GALLETAS DE PEPPA PIG, QUE FIXO COA SÚA MAMÁ, ESTABAN BOÍSIMAS!!!
A SANDRA TIVEMOS QUE AXUDARLLE ENTRE TODOS A ELABORAR A SÚA TARTA CON OBLEAS E NOCILLA. QUE BOA NOS SAIU!!!
FELICIDADES ÁS DÚAS!!!!
SE QUEREDES VERNOS, CLICADE NO ENLACE: ANIVERSARIOS DE LÍA E SANDRA
mércores, 24 de outubro de 2018
24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS. A NOSA MASCOTA ESTÁ DE ANIVERSARIO.
Hoxe no cole celebramos o cumpreanos de EF, a mascota da nosa biblioteca. Todos os nenos e nenas do cole cantámoslle o cumpreanos feliz e axudámoslle a soprar a vela co número 6. Moitos Parabéns EF!!!
sábado, 20 de outubro de 2018
PAN DE MILLO. OBRADOIRO
Esta semana, dentro do proxecto Alimentación saudable estamos coñecendo froitos do outono e un deles é o millo.
En varias sesións debullamos espigas, moemos, amasamos e degustamos o pan de millo despois de tocar, ollar, oír, arrecender, ,... as distintas texturas que fomos obtendo.
Clica no seguinte enlace se queres vernos "atarefados":
FACEMOS PAN DE MILLO
Clica no seguinte enlace se queres vernos "atarefados":
FACEMOS PAN DE MILLO
Como podedes ollar estivemos moi activos, atentos e concentrados.
Ademáis aprendemos a canción de Migallas: Pan de Millo: "Se pan de millo vas merendar, mira os traballos que hai detrás...."
Queredes aprendela vós tamén?. Clicade no seguinte enlace:
xoves, 18 de outubro de 2018
GAÑADORES/AS DO CONCURSO DA BIBLIOTECA
Rematou o concurso da biblioteca: "UN COMPLEMENTO PARA EF", estes son os nosos compañeiros/as de primaria que gañoron o concurso.
Moitas Felicidades aos tres!!!
luns, 8 de outubro de 2018
SEGUIMOS COAS CELEBRACIÓNS... ESTÁ VEZ TOCOULLE A CLASE DE 5 ANOS!!
Na clase de 5 anos celebramos os aniversarios das nenas que cumpliron no verán: MARTINA e DANIELA BABÍO.
Moitos parabéns as dúas!!!!
domingo, 7 de outubro de 2018
ANIVERSARIOS, NA AULA DE 4 ANOS!
Estes dias celebramos na aula de 4 anos o aniversario de Flavia e dos compañeiros que estiveron de aniversario no verán que foron Izan,Martina,Cayetana,Bárbara,Javi,Carlos e Leo Otero. Fixemos un montón de coroas e o biscoito estaba boisimo. 😋😋
venres, 5 de outubro de 2018
O MONSTRO DE CORES VISITA A BIBLIOTECA.
A CLASE DE 4º DE ED. INFANTIL, VISITAMOS HOXE, POR PRIMEIRA VEZ A BIBLIOTECA, COÑECEMOS A EF E CONTÁMOSLLE O CONTO " O MONSTRO DE CORES"... ESE QUE ANDA TODO LIADO COAS SÚAS EMOCIÓNS.
CLICA NO ENLACE PARA VELO:
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d222651370k7752740o1l1/o-monstro-de-cores-visita-a-biblioteca
CLICA NO ENLACE PARA VELO:
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d222651370k7752740o1l1/o-monstro-de-cores-visita-a-biblioteca
Na clase de tres anos... ESTAMOS DE ANIVERSARIO!!!!
ESTAMOS DE ANIVERSARIO!!!!
Este novo curso comenza, con caras novas e xa celebramos os primeiros aniversarios. Esta semana tivemos os tres primeiros: Samuel, Antía e Saínza cumpliron 3 anos. Felicidades!!!
Fixeron as coroas, Sainza contóunos como fixo as rosquillas coa súa tía e Antía gravou un vídeo-receita de como facer un biscoito de chocolate,;estivemos moi atentos véndoo!!! Cantamoslles"Cumpreanos feliz" e logo fixemos unha festa. Qué ben o pasamos!!
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d222637066k1371728o1l1/primeiros-aniversarios-deste-cueso
luns, 1 de outubro de 2018
DE VOLTA NO COLE!!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que levamos a volta ao cole!! Viñemos coas pilas cargadas e con ganas de seguir aprendendo e disfrutando!! Clicade no seguinte enlace: Video INICIO CURSO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
POEMA QUE DA MEDO.
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
Esta semana acompañóunos nos nosos talleres de cociña Begoña, a mamá de Xoel e Antía : Pasámolo moi ben con ela, contóunos cousas moi ...
-
Nas aulas de educación infantil realizamos uns talleres sobre o consumo responsable centrado na temática dos xoguetes. Gracias a colaboració...