luns, 23 de decembro de 2019

POR FIN !!!!

    Na aula de catro anos estamos todos /as contentos: Por fin temos todos e todas CATRO ANOS! porque non sei si sabedes que a principio de curso había DEZ nenos e nenas que tiñan tres anos!

   E, agora sí: XA TEMOS TODOS/AS CATRO ANOS!!!!

 Esta semana tocounos celebrar o aniversario de JULEN! Moitos días contando os que faltaban para que chegase o 19 e, por fin tocou!!!
 Julen estivo moi atarefado  facendo a coroa, recibindo as felicitacións e postais dos demáis, cubrindo os datos no seu diploma conmemorativo da data e logo explicándonos con qué se pode facer un biscoito como o que trouxo para compartir e, non nos olvidamos da festa das burbullas!!!

 Ollade, ollade como nos divertimos e cántas cousas fixemos:

 


venres, 20 de decembro de 2019

Papá Noel para decorar

Tolean con Papá Noel. Por iso non podía faltar a nosa versión para decorar 

Pintando piñas para decorar

Seguimos aproveitando o material que temos pola clase para darlle un segundo uso. Esta vez convertimos unhas piñas en adornos preciosos con purpu..como non 

Bolsiñas do material

Nótese que xa vamos madurando  na clase de 3 anos que danos tempo para facer un montón de cousas ...e sempre sacamos un ratiño para o pincel e trapallear...como xa sabedes por como chegamos a casa 
Estes días fixemos as bolsas do material. Preocupadísimos estaban por se non chegaban ás casas con tanta choiva😅🙈


TALLER DE ELABORACIÓN DE TARXETAS NAVIDEÑAS

Estes días nas clases de infantil foi un non parar. Entre outras cousiñas fixemos as felicitacións de Nadal que chegaron ás casas. A os peques de 3 levounos un pouquiño,pero pasiño a pasiño fomos completándoas.

PINTANDO VENTÁS

Hoxe aproveitamos para pintar as ventás da nosa clase con motivos invernais. Algúns non se atreveron e a outros encantoulles. Tede coidado nas casas por se se animan 😅

XOGOS DE CHAFARÍS, PRÉSTAMOS DE BIBLIO

O mes de Novembro, foi moi completo. Entre outras moitas cousas, tamén probamos de cando en cando os xogos da biblioteca e outros que durante este mes prestounos a xoguetería Chafarís, para ver se nos gustan...e claro está mercar dende o cole. E nas clases de infantil sacámoslle moito partido a estes de construccións. Aquí tedes unha pequena mostra







xoves, 12 de decembro de 2019

NOEMÍ CUMPLE 4 ANOS!!

Que ledicia tiña hoxe Noemí: cumple catro anos...." como los otros niños, profe".
Estaba moi nerviosa esperando a contarnos que fixo a "tarta da avoa" con axuda de "abu" Esperanza. Necesitou: galletas leite, chocolate e,e,e,....nada máis. Non se mete no forno nin na tixola nin no conxelador.  "Era moi dificilísima de facer con "abu" porque non me deixaba poñer todas as galletas xuntas" pero ...."vai estar moi riquísima".
    E, efectivamente; estaba boísima!. Case non lle deixamos ós nenos e nenas que hoxe non viñeron ó colexio.
   Como sempre, pasámolo moi ben facendo a coroa, debuxando as tarxetas, cantando "cumpleaños felis" e logo....merendando!!!!

 Felicidades Noemí e grazas Abu Esperanza pola túa axuda!

sábado, 7 de decembro de 2019

CREACIÓN DE BONECOS DE NEVE

Este ano o Equipo de Extraescolares do cole propuso que todas as clases participasemos na decoración do Salón dos Pasos Perdidos do cole para o Nadal, con bonecos de neve con material de refugallo. E vela aquí as nosas aportacións.


















POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...