luns, 24 de xuño de 2019

FIN DE CURSO

O 21 de xuño remataron as clases, e no Flavia celebrámolo por todo o alto. Comezamos a mañá movendo o esqueleto cunha divertida clase de Zumba, despois merendamos todos xuntos no patio e realizamos xogos e bailes o resto da maña. Foi moi divertido!!!



xoves, 20 de xuño de 2019

3 ANOS EN IMAXES

Para despedir a etapa de educación infantil elaboramos un video recopilatorio, con imaxes dos mellores momentos de estos 3 anos. 
En setembro os nosos compañeiros/as de 5 anos darán o gran salto a Primaria! 
Boa sorte chicos/as!!!!

GRADUACIÓN 5 ANOS

Hoxe 20 de xuño, despedimos aos nenos e nenas de 5 anos. Que maiores, xa pasan para primaria!!
Para festexar este día convidamos aos pais e nais a ver as actuacións que preparamos todos os rapaces e rapazas de infantil. Para rematar coa celebración, visualizamos un emotivo video sobre os 3 anos de infantil e fixemos entrega de orlas e diplomas.
 Foi un día moi especial! Gracias a todos por facelo posible!












VIDEO ACTUACIÓN 5 ANOS

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O martes 18 de xuño o alumnado de infantil fumos de excursión a Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes. Alí fixemos queixo, xogos populares, visitamos un muíño e démoslle de comer aos animais. Pasámolo en grande!! Moi boa maneira de despedir o curso!! Eso sí, chegamos agotados/as😅



martes, 18 de xuño de 2019

ALYSON CUMPLE 4 ANOS!!

Este domingo Alyson cumpliu 4 anos. Que maior! Celebrámolo na clase con globos e tarta de chocolate de Peppa Pig!
  A tarta .... deliciosa, os globos locos pola clase adiante e,  despois" fomos á praia" con Pedro Capó  bailando "Calma":  "Vamos a la playa pa curarte el alma, cierra la pantalla..."

      Que ben o pasamos!
     

 Faltan Ángela e Izan por celebrar o seu aniversario pero... iso contarémolo en setembro que empezaremos o curso con... 
                                     FESTAAAAAA!!!

sábado, 15 de xuño de 2019

ANIVERSARIOS VERÁN

Na clase de 5 anos celebramos os aniversarios de tres compañeiras que cumpren anos no verán.
Daniela Castro, Martina e Daniela Babío sopraron as velas co número 6, e convidáronnos a desgustar un delicioso biscoito de chocolate.
Parabéns rapazas!!





sábado, 8 de xuño de 2019

A TÍA CARME ENSÍNANOS A FACER CROQUETAS


ESTE XOVES ESTIVEMOS COCIÑANDO COA TÍA CARMEN UNHAS CROQUETAS DELICIOSASSSS!!!
 CARMEN XA TROUXERA A MASA FRÍA E EXPLICÓUNOS COMO A FIXO, TOOODO O DEMÁIS TIVEMOS QUE FACELO NÓS: DAR FORMA, ENFARIÑAR, PASAR POLO OVO E POLO PAN RAIADO. a PROFE E CARMEN FRETÍRONNAS: NON NOS DABAN FEITO!!!!1

 APROVEITAMOS TAMÉN PARA ACABAR DE PREPARAR OS CHÍCHAROS ( QUE DEBULLAMOS O MARTES)   CON XAMÓN!.

                                     VAIA MERENDA TIVEMOS!!!!

GRAZAS CARMEN!!!! 



GAÑADOR DO CONCURSO "DESDE MI VENTANA"

O alumno de 5 anos Álex Martínez Váquez, gañou o primeiro premio do concurso "Desde mi ventana". Realizou un gran traballo co seu debuxo sobre o Medio Ambiente!

Parabéns Alex!!

xoves, 6 de xuño de 2019

ANIVERSARIO ALEX

O noso compañeiro ALEX cumpliu hoxe 6 anos, para celebralo trouxo unha tarta de fresa!!!
Cantamos, bailamos e pasámolo xenial!
Moitas felicidades campeón!


mércores, 5 de xuño de 2019

5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O alumnado de 5 anos participamos nun concurso sobre o Medio Ambiente, co título "DESDE MI VENTANA", tratábase de debuxar o paisaxe dos nosos soños dende a ventana da nosa habitación nun planeta sen contaminación. Resultou moi interesante reflexionar na aula sobre este tema, foron moitas as ideas e as propostas que saíron dos nenos-as para lograr entre todos un mundo máis limpo.

Quedaron uns debuxos xeniais! Parabéns a todo@s!!!



POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...