Amosando publicacións coa etiqueta lectoescritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectoescritura. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de xaneiro de 2020

Letra A

Ola. Como xa vos dixemos, estamos a empezar a traballar os nomes e as letras. E a semana pasada, supoño que xa se chivarían.. tocou a A.
Aquí tedes un pouquiño do traballo que fixemos.
Pensamos entre todos palabras que empezan pola letra A. Discriminamos os nomes que teñen esta letra e os que non. A trazamos en diferentes superficies, e fixemos a nosa letra A de repaso cos nomes dos compis que comezan por esa letra




Dende entón vemos letras A por todos lados. No mantel da Paz, no recuncho da escritura... :).







Fixemos tamén debuxiños e cousas para facer entre todos o libro da A para a nosa biblioteca de aula: 



E traballamos cancións coma esta. Que seguro que algún e algunha xa andaba a tarareala.




LETRA I E A CARTEIRA DAS LETRAS

Dentro do traballo das letras, esta semana iniciamos unha nova actividade. O Carteiro das Letras. Esta semana tocoulle a Xela e a letra I. Estaban encantados e a carteira moito máis. 
Cada semana tocaralle a un compi da clase e terá que traer nunha bolsa obxectos que teñan un letra (SECRETA) que levará escrita nunha nota. 
E logo, na clase a carteira ou carteiro ten que petar na porta e facemos teatrillo. Preguntamos quén é, nos dí que é a Carteira e que nos trae unha letra que temos que adiviñar... e ahí comeza o xogo, antes de sacar cada obxecto da caixa vamos facendo preguntas, dando pistas... vamos sacando e escribindo o nome das cousiñas e pouco a pouco van dicindo letras ata acertar. 
O final xa estamos todos/as case seguros da letra que imos a traballar o longo da semana.
Encantoulles. Procurade que sexan cousas para deixar porque xogaremos e repasaremos con elas. Este luns tocaralle a ...sorpresa! :).







E logo a traballar a letra, como non. 






Procuro que non se note moito cando fago a foto, pero...os hai que están a todo :)




POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...