Empezamos un novo curso, caras novas, novos proxectos, moitas ilusións e emocións compartidas. Tempo de benvidas, e de reencontros. Nós seguimos aquí, agardando, acompañando, facendo equipo cos máis pequenos/as con moita ilusión de cara ó que nos agarda este novo curso.
Queremos dar a benvida ás novas familias e ás xa coñecidas. Agardamos que sexa un inicio de curso escolar tranquilo e emocionante.
No colexio organizamos unha chegada con moitas BURBULLLAS que invadiron o salón de Pasos Perdidos cando apareceron os nenos e nenas.... Ainda que non se aprecian moito nas fotografías, , estivemos un bo rato invadidos saltando entre elas.