xoves, 31 de maio de 2018

PROGRAMA ESCOLAR DE LEITE E PRODUCTOS LÁCTEOS


No presente curso o noso cole participou no PROGRAMA ESCOLAR DE LEITE E PRODUCTOS LÁCTELOS. O Ministerio pon a disposición dos colexios participantes a páxina web onde podedes atopar diferentes materiais: http://lucydisfrutaconloslacteos.es/
 Na web tamén está activo o concurso "Selfie receta", trátase dunha actividade conxunta para pais/nais e nenos/as co obxectivo de coñecer un pouco máis o proceso de producción da leite e dos productos lácteos. A familia gañadora do concurso poderá disfrutar de varios premios. Clicade no seguinte enlace para ver cales son as bases do concurso:  http://lucydisfrutaconloslacteos.es/padres/concurso/

luns, 21 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018


MARÍA VICTORIA MORENO foi a autora homenaxeada nas Letras Galegas. Traballamos algunhas das súas obras, estampamos camisetas, ambientamos os corredores do colexio... e recibimos a visita do autor e ilustrador Anxo Fariña. Clicade no seguinte enlace e veredes as actividades realizadas, ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2018

venres, 18 de maio de 2018

FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela celebra a V edición do Letreseo co que conmemora tres datas fundamentais para a institución: o aniversario do nacemento do escritor (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos (18 de maio). Para máis información clicade no seguinte enlace: "Padrón Literario"

O día 15 de maio, os nenos e nenas de educación infantil visitamos a fundación Camilo José Cela. Alí disfrutamos dunha actuación musical, e despois visitamos o museo do tren.





martes, 15 de maio de 2018

XORNADA DE ACOLLIDA

O 9 de maio recibimos a visita dos que serán algúns dos nosos compañeiros/as de 1º, para o vindeiro curso escolar.

luns, 14 de maio de 2018

EXCURSIÓN TEATRO PONTEVEDRA: "Antón Comodón"




O venres 11 de maio, os nenos e nenas de infantil fumos de excursión a Pontevedra. Alí tivemos a oportunidade de ver a obra de teatro:  "ANTÓN COMODÓN", foi divertidísimaaaa!!!!!!!

Teatro: Antón Comodón



POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...