mércores, 31 de xaneiro de 2018

ALIMÉNTATE BEN



O noso cole está a participar no programa"Aliméntate ben" co obxectivo de fomentar unha alimentación saudable. Durante 10 días, na hora da merenda tomamos froita variada e leite. A froita tiña unha pinta estupenda!! Mmmmm....

martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ 2018

Hoxe 30 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz, aquí tedes unha pequena mostra das actividades que realizamos.

domingo, 28 de xaneiro de 2018

CONTACONTOS


Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil disfrutamos dun contacontos ofertado pola Deputación da Coruña. Raquel contounos a historia de dous amigos: Rita e Lolo, estes amiguiños queríanse moito pero tiñan moitas diferenzas entre eles. O conto "Te quiero (casi siempre)" gustounos moito porque ensina a resolver conflictos sen pelexarnos e iso está moi, moi ben, non vos parece?
Fixemos logo o noso monicreque de Lolo e Rita e levámolo para casa.
Foi fantástico e pasámolo moi ben!!!

venres, 26 de xaneiro de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro martes 27 de febreiro as 16:30, todas as nais, pais e familias que esteades interesados en matricular aos vosos fillos e fillas no noso centro para o curso escolar 2018-2019, teredes a oportunidade de coñecer o centro.



luns, 22 de xaneiro de 2018

O MEU LIBRO DE PADRÓN



Os nenos e nenas de 5 anos amosáronnos o traballo que fixeron sobre Padrón, contaronnos un montón de cousas sobre o lugar onde vivimos, resultou moi interesante. Grazas compañeiros/as!!!


Comezaremos o proxecto: "A Volta o Mundo" partindo da nosa Comunidade e do Pais onde vivimos, para continuar visitando os diferentes paises do mundo, especialmente os Paises Europeos.
Comezamos a andaina!!!


POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...