Mirade o seguinte video e veredes como desfrutamos deste día tan especial!!
Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
luns, 25 de febreiro de 2019
24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO
Celebramos o aniversario de ROSALÍA DE CASTRO, para festexalo todos os nenos e nenas de infantil sopramos as velas, e decoramos a imaxe de Rosalía con lazos de cores, quedounos xenial!!
Incluso algún compañeiro animouse cun poema!!!
Mirade o seguinte video e veredes como desfrutamos deste día tan especial!!
Mirade o seguinte video e veredes como desfrutamos deste día tan especial!!
xoves, 21 de febreiro de 2019
HOMENAXE A MACÍAS O NAMORADO
O 15 de febreiro fixemoslle un pequeno homenaxe a figura de MACÍAS O NAMORADO. Con caixas de cartón formamos o personaxe de Macías e posteriormente recitamos unhas poesías, clicade no seguinte enlace e veredes que ben o fixemos!!!
Video Macías O Namorado
ANIVERSARIOS DE FEBREIRO, NA CLASE DE 5 ANOS!!!!
Seguimos cumplindo 6 anos!!!!
Este mes de Febreiro celebramos os aniversarios de 3 compañeiros/as: HUGO, AMELIA e MARTIÑO.
MOITAS FELICIDADES!!!😊
mércores, 13 de febreiro de 2019
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O martes 26 de febreiro ás 17.00 h. convidámosvos a unha "XORNADA DE PORTAS ABERTAS" no noso cole. Animádevos veredes como vos gusta!!!
xoves, 7 de febreiro de 2019
TALLERES DE MOTRICIDADE FINA
Na aula de tres anos estamos a pasalo xenial cos novos xogos que nos deixou Tica, a nosa bruxiña da clase.
Todolos días nos depara sorpresas ! Gustáronnos moito e estivemos moi concentrados pescando, facendo series, clasificando bolas, facendo plastilina caseira,...!
Ollade, ollade.....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
POEMA QUE DA MEDO.
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
Nas aulas de educación infantil realizamos uns talleres sobre o consumo responsable centrado na temática dos xoguetes. Gracias a colaboració...
-
Que ben o pasamos hoxe! Cando chegamos á clase tiñamos un forniño eléctrico, unha tixola, aceite e unha espumadera enriba dunha mesa! ...