Amosando publicacións coa etiqueta periodo adaptación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta periodo adaptación. Amosar todas as publicacións

sábado, 5 de outubro de 2019

Seguimos coñecendo o cole!


Antes de rematar o período de adaptación e empezar o noso horario normal, percorremos case todos os recunchos do cole que usariamos con frecuencia para sentirnos un pouquiño
máis seguros: 
O comedor, onde as cociñeiras déronnos un anaquiño de pan que devoramos pedindo máis e sentámonos súpercontetos nos sitios nos que comeriamos os días seguintes.
Subimos a clase de relixión e coñecemos ao profe Rafa e a nubecita.
Fomos aos dominios de José a ver como se facían as fotocopias e entréganse os papeis oficiais.
Fomos tamén a clase de inglés para coñecer á profe Alexandra e cantar cancións en inglés.
E aproveitamos para visitar aos nosos curmáns, irmáns, veciños, amigos e profes polas diferentes clases do cole.
Pero o sitio que máis nos gustou ademáis do patio foi a biblioteca á que xa imos tódolos luns e sempre que podemos.

Antes de terminar el período de adaptación y empezar nuestro horario normal, recorrimos casi todos los rinconcitos del cole que usaríamos con frecuencia para sentirnos un poquito más seguros:  
El comedor, donde las cocineras nos dieron un trocito de pan que devoramos pidiendo más y nos sentamos súpercontetos en los sitios en los que comeríamos los días siguientes.
Subimos a clase de religión y conocimos al profe Rafa y a nubecta.
Fuimos a los dominios de José a ver cómo se hacían las fotocopias y se entregan los papales oficiales. Fuimos también a clase de inglés para conocer a la profe Alexandra. 
Y aprovechamos para visitar a nuestros primos, hermanos, vecinos y amigos y profes por las diferentes clases del cole. 
Pero el sitio que más nos gustó además del patio fué la biblioteca a la que ya vamos con frecuencia. 






venres, 20 de setembro de 2019

Xa somos 25 :)!!!

Boas, estes días tivemos a nosa última incorporación á clase.... a profe Isa tróuxonos un novo compañeiro: "Coloríns" e con el e a nosa tartaruga "Leituga" xa somos 25, xa temos o cupo cuberto :)








Coñecemos o ximnasio e as súas posiblidades


Estes días tamén coñecimos o ximnasio onde imos facer psicomotricidade con Estefanía. E cada día que vamos probamos uns materiais novos. 
O que máis nos gustou foi descalzarnos e facer un circuíto!!!
Agora xa entederedes porque ían os calcetíns manchados 😊. 
Recordade que cando remate o período de adaptación as clases de psicomotricidade de 3 ANOS serán os XOVES e VENRES. E soamente temos que ter moita enerxía eses días e vir con calzado cómodo e fácil de calzar e descalzar porque as veces xogaremos descalzos nas colchonetas (non sempre) e con roupa cómoda para brincar, correr, bailar e toda-las sorpresas que nos ten preparadas Estefanía.

Visitamos a clase de música

Inspeccionamos o cole, e subimos o segundo piso para coñecer a Nuria, a nosa profe de música, coa que coñecimos a súa clase, xogamos con algúns instrumentos e cantamos un par de cancións. Estamos desexando comezar as clases con ela e aprender moitas cancións e bailes.


Vai moita calor, pero sabemos aproveitar o tempo de xogo moi ben.


Algúns non se despegan da mochila, dalles seguridade. A outros empezaselles a notar o cansancio de madrugar. Pero imos adaptándonos moi ben,  por iso xa estamos todos xuntos. E toca  coñecer a compis novos. Non hai problema, dentro de pouco coñeceremos os nomes de todos os nosos compañeiros/as.
Tamén imos o patio moi contentos, o primeiro día sen os maiores, e logo xa co resto de compañeiros/as de infantil. 
Nestes momentos de xogo visítannos os irmáns, primos e amigos que están encantados de ternos no cole.

Xa somos os amos do patio, a maioría de nos xa sabemos onde están os xoguetes, os baños do patio e disfrutamos do xogo nel. Outros a estas horas, xa estamos cansos e preferimos  descansar no banco ou ver como xogan outros.

E as veces poñémonos un pouco tristóns cando vemos os irmáns, porque acordámonos de mami e papi. Pero o rato volvemos a xogar contentos. 

A clase estes días xa é o noso lugar de seguridade e “tranquilidade”
A calor non axuda, pero nos sabemos como sacar partido a todos os xogos e xoguetes.


Primeiro día de clase de 3 anos!!!!


Comezamos!!! E con bastantes ganas :)

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...