luns, 25 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO: IGUALDADE DE XÉNERO

Hoxe estivemos vendo e comentando varios cortos de animación  sobre a igualdade de xénero. O que máis lles chamou a atención e máis comentarios desencadenou foi un  no que se caricaturiza o papel da muller na sociedade, sobre todo o da ama de casa. Ainda que se pode sacar moito partido en Primaria e Secundaria, os nenos/as de Infantil sacaron "lecturas" moi interesantes:

...."As chicas non poden ser doctoras".
... "Os nenos e as nenas teñen que ser valentes pero, si se apaga a luz poden ter medo".
.... "O meu papá vén algunhas veces á miña cama cando chamo a mamá porque estou enferma".
....." Pues, mi mamá es la que hace siempre la comida".
...."Mi papá hace muchas cosas en casa pero "menos planchar".
...  Yo quiero ser alcalde" (unha nena).
...."Y yo policía" (nena).
... " Yo quiero ser valiente y luchar con los dragones" (neno).
.... "Yo seré bombero y también peluquero (neno)".
... "Todos os nenas poden facer o mesmo pero as chicas non poden facer pis de pe nin os chicos ter nenos na barriga"... etc, etc,etc...


Titúlase "Sorkunde": "Sorkunde": Igualdade de Xénero

 Outros cortos relacionados:
                                              Rosa Caramelo
                                               Ni un besito a la fuerza
                                              Arturo y Clementina

domingo, 24 de novembro de 2019

MES DA CIENCIA NA AULA DE CATRO ANOS

Como xa sabedes, o mes de novembro é o mes da ciencia. Na nosa aula iniciamos unha etapa de experimentos tentando reproducir un volcán aproveitando o xeo seco que nos pasou unha mamá que traballa nun laboratorio. Grazas Vero!!!
   Estivemos moito tempo enredados falando sobre qué é un volcán e captando as ideas previas, facendo preguntas, intentando averigüar como se forma a lava, o tamaño dun cráter, a temperatura dentro da Terra,.... vendo documentais de volcáns reais en erupción, indo a buscar area ó areeiro, ollando os materiais que necesitábamos e facendo un listado, sentindo  na cara o frío que desprendía o xeo seco (está a tan baixa temperatura que si o tocamos pode queimarnos), preparando o volcán,... e por fín fixemos que entrara en erupción ainda que non chegou a saír lava, foi todo un acontecemento ver como fervía dentro do cráter a auga con colorante.

Así o fixemos:



















E así o explicamos:





          Experimento volcán

                                                  








ANIVERSARIO DE MANU !!!

   Esta semana Manuel L. cumpliu 4 anos, por fín !!! Estivo moi nervioso toda a mañán pero paámolo moi ben:
     Nada máis chegar preparou a súa coroa que quedou moi colorida, logo contóunos cómo cociñou a bica coa súa mamá, ingredientes que usaron, como se bate,botou a masa nunha "sarten" (insistiu) e logo, ó forno durante un ratiño. Cando a sacaron arrecendía moi ben pero queimaba. Arrecendémola todos e, efectivamente,....que ben ulía!!!!
   Fixo a bica sen lactosa para que pudéramos comela todos/as e tamén nos trouxo batidos de chocolate, Un,...tamén sen lactosa: Que detalle. Grazas familia!!!

   Non quedou nadiña!!! Estaba moi, moi boa!!!!
Rematamos o día coa nosa festa de Burbullas:  Ollade o ben que o pasamos AQUÍ

luns, 18 de novembro de 2019

DESPEDINDO AO OUTONO

Xa estamos rematando de traballar o Outono e pronto pasaremos xa de cheo a traballar o Nadal. Pero seguimos con contos como "As tres folliñas" tralo que fixemos as nosas follas con acuarela. 


E tamén recordando as cancións cantadas.
Sen dúbida de todas as cantadas a que  máis lles gustou é a que subimos a continuación e que mostra un pouquiño máis como están na clase. 
Despois de cantala, quixemos despedir esta estación facendo un bosque de Outono coas cores típicas desta estación, e este foi o proceso e o resultado final. 
















SE CHOVE , QUE CHOVA!


Seguimos traballando o outono e as súas características. E estes días tan chuviosos inspírannos tanto....que xa que non temos botas de auga e chubasqueiros de corpo enteiro para xogar no patio, polo menos chapoteamos na clase :).

Esta vez, tocou practicar o sopro con palliña, e sen ela. Ao final algúns parecían o lobo feroz a piques de derrubar a porta... pero outros se cansaban axiña, así que pronto empezaron a virar os papeis para que a pintura correse. E este é o resultado...
Aquí sabemos sacar ao mal tempo, boa cara.











FACEMOS PLASTILINA CASEIRA

O venres na clase de 3 anos, probamos a facer plastina caseira.
 A plastilina que fixemos era fácil, económica e rápida de facer e non tóxica!.
 Ao principio falamos de que necesitabamos para facela, se crían que nos sairía ou non... Algúns dixeron que sí, pero a maioría que non, que era unha trapallada e non podíamos facer plastilina con eses ingredientes ou que sairía un biscoito coma o de Cocorico.
 No que sí coincidiron foi en que estaban todos nerviosísimos.
Todos/as estaban intrigados e quería colaborar. Ao principio a hora de amasar dáballes un pouco de medo, logo coma sempre soltáronse.
Xa faremos mais cousiñas así





   







Xa faremos mais cousiñas deste tipo.

mércores, 13 de novembro de 2019

ANIVERSARIO DE DANIEL E ASIER

    Esta semana temos dous cumples na nosa clase: Daniel e Asier cumplen 4 anos!. Xa son un pouco máis maiores. están moi contentos e pregóanno a todos os que atopan  no colexio. O domingo fixeron entre os dous, coa axuda das mamás un biscoito que estaba boísimo.  Explicáronnos algúns dos ingredientes que usaron e cómo hai que bater os ovos co azucre. Cando temos todo preparado metémolo no forno  e esperamos " toda a tarde porque tarda moito en facerse". despois adórnase con azucre que "parece fariña" e xa o podemos comer con coidado que está moi quente. (Menos mal que houbo que esperar ó luns e xa estaba frío).

   Pasámolo moi ben preparando as coroas debuxando tarxetas de felicitación e bailando coas pompas de xabrón.
 
 Gustaríavos vernos? pois clicade    AQUÍ

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...