A plastilina que fixemos era fácil, económica e rápida de facer e non tóxica!.
Ao principio falamos de que necesitabamos para facela, se crían que nos sairía ou non... Algúns dixeron que sí, pero a maioría que non, que era unha trapallada e non podíamos facer plastilina con eses ingredientes ou que sairía un biscoito coma o de Cocorico.
No que sí coincidiron foi en que estaban todos nerviosísimos.
Todos/as estaban intrigados e quería colaborar. Ao principio a hora de amasar dáballes un pouco de medo, logo coma sempre soltáronse.
Xa faremos mais cousiñas así
Ningún comentario:
Publicar un comentario