sábado, 27 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO

Durante esta semana habilitouse un espazo na entrada do cole para ler. Os libros saen da biblioteca para crear outro ambiente onde compartir con todos/as as nosas lecturas. Este novo espazo tivo moito éxito entre os cativos/as que disfrutaron dos seus contos preferidos!!
Botade unha ollada no seguinte video!




martes, 23 de abril de 2019

PASCUA

Hoxe disfrazámonos de coellos de pascua, e realizamos a búsqueda dos ovos misteriosos por todo o cole! Foi un día moi divertido!!






mércores, 10 de abril de 2019

SALÓN DO LIBRO

Hoxe 10 de abril, as nenas e nenos de infantil visitamos o Salón do Libro en Pontevedra. Alí disfrutamos dun contacontos e visitamos as instalacións do Salón do Libro. Gústounos moito!!
Sen dúbida, repetiremos o próximo curso!!!


sábado, 6 de abril de 2019

COCIÑANDO CON BEGOÑA.



Esta semana acompañóunos nos nosos talleres de cociña  Begoña, a mamá de Xoel e Antía : Pasámolo moi ben con ela, contóunos cousas moi interesantes  e ensinóunos un polbo crudo e outro cociñado. Nós xa víramos en vídeos cómo viven, se alimentan e camuflan pero foi "Impresionante" poder tocalo, manosealo, ver como cambia de cor cando se coce, a auga tan NEGRA que deixa e, sobre todo,....poder comelo: Ummmmm!!!
    Tamén fixemos con Begoña unha ensalada de cores con leituga, tomate, cenoira, limón, aceitunas, atún, millo,remolacha, brotes,..... Uf!!!! cantas cousas!!!! e, o mellor: que estaba boísima!!!!
 Gracias BEGOÑA!!!!!! Foi unha mañán fantástica.

QUEREDES BOTAR UNHA OLLADA. CLICA  AQUÍ:



Antes deste taller fixemos outros de pinchos de froitas, galletas con chocolate,BOCATAS DE CONSERVAS",...

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...