Amosando publicacións coa etiqueta psicomotricidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta psicomotricidade. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xuño de 2020

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE SEMANA DO 15 AO 10 DE XUÑO


ACTIVIDADES PARA 3 ANOS SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

1. CAIXA SENSORIAL PARA PRACTICAR A GRAFOMOTRICIDADE

Necesitamos:
- 1 caixa ou fiambreira (podedes pintala por abaixo de cores para que cando fagan o trazo vaian saíndo os coloríns)
- Area, sal, fariña, sémola...o que se nos ocorra. Tamén podemos ir probando de cada vez un material e ver cal nos gusta máis.
- Tarxetas con letras,números, trazos, debuxos...o que queiramos practicar

2.PRACTICAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA CON CLIPS
Con esta actividade tan sinxela practicaremos a psicomotricidade fina. E se queremos repasar ademáis as cores, podemos usalos de cores e facer tarxetas con cartolinas ou debuxos de cores para ir poñendo.

3.-UNIMOS E CONTAMOS CON PINZAS 


4.-PASAMOS COUSIÑAS COS PÉS

Con dúas tinas tentaremos pasar cos pes diferentes obxectos. Se queredes ademáis refrescarvos un pouco a podedes facer con auga 

5.- FACEMOS UNHA NOVA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DA PROFE ESTAFANÍA

6.- REPASAMOS A FORMIGUIÑA E USAMOS O CARRILLÓN COA PROFE NURIA

domingo, 7 de xuño de 2020

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO


ACTIVIDADES PARA 3 ANOS SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

1.- CONTAMOS CON PAUS E ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO
Tal como se ve na foto. Colleremos rolos de papel hixiénico ou da cocina, ou mesmo vasos, escribiremos o número e a repartir paus

2.- FACEMOS TRASVASES CON XUDIAS MULTICOLORES
Con esta actividade ademáis de divertirnos, poderemos empregala logo para xogar os trasvases,  xogar cun colador, collelas con boteciños, con pinzas, con culleres...de un bote a outro....practicaremos a psicomotricidade fina, a creatividade e a concentración. E logo a limpeza :). Podemos facer esta actividade con arroz tamén, pero as alubias son máis fáciles de recoller :P. 
Logo con elas tamén podemos xogar a clasificalas por cores, ou facer debuxos e composicións con elas

3.- REPASAMOS AS CORES E TRABALLAMOS A ATENCIÓN
Para xogar e refozar a atención, podemos facer este xogo. Trátase de calcar as mans nun folio (podemos decoralas ou non, aquí en función dos gustos de cada neno/a) e logo pegaremos folios de cores o redor do papel das mans, tal como aparece na foto. Nos faremos un patrón primeiro que logo eles terán que repetir. Comenzade por unha cor, logo dúas... e ide ampliando en dificultade según os/as vexades para que non se frustren. 

4.- REPASAMOS O NOME CON CHINCHETAS DE CORES

Trátase de facer o que se ve na foto:por o nome do neno/a e facer un código de cor para cada letra. E nun trozo de cartón escribir varias letras que terán que ir localizando e cravando unha chincheta. Con vixiancia non teremos problema. Se non vos fiades, pois simplemente pintaremos con ceras de cores por exemplo

5.- SEGUIMOS O RITMO, E BAILAMOS E CANTAMOS COA PROFE NURIA


6.- FACEMOS PISCOMOTRICIDADE COA PROFE ESTEFANÍA





domingo, 31 de maio de 2020

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

1.-SERIE NUMÉRICA CON BLOQUES DE CONSTRUCCIÓN

Aproveitando bloques de construción que temos por casa. Escribiremos con rotulador permanente os números do 1 ao 10 ou os puntiños e a ordenar facendo unha torre ben alta.

2.-BANDEXA SENSORIAL CON LETRAS DE CUNCHAS OU PEDRIÑAS



Se temos a sorte de ir á praia algún destes días, que mellor ocasión que recoller pedriñas ou cunchas nas que despois escribiremos con rotulador permanente letras en maiúscula, que poderemos usar para ordenar as letras do noso nome, dos nosos compis,etc.

3.- ESCRIBIMOS O NOME CON CUNCHAS, PEDRAS...
Ou ben aproveitar para escribir na praia o noso nome con cunchas, pedras, paus ...e como non aproveitar para facer Land Art...

4.- IOGA E RESPIRACIÓN DAS VOGAIS

5.-RECOÑECENDO OBXECTOS


Nunha caixa faremos dous buratos para meter as mans ou os brazos, e sen ver terán que ir recoñecendo obxectos, pode ser dun nun, ou varios xuntos.
Podemos aproveitar con esta actividade para reforzar a linguaxe, traballando cualidades dos obxectos. Para o que está ben que os guiemos, é brando ou duro?, suave ou áspero?...

6.-SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE COA PROFE ESTEFANÍA

7..- AUDICIÓN DO ACUARIO E CONTO DO PEZ ARCORIS COA PROFE NURIA




domingo, 10 de maio de 2020

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO


ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Seguimos coas propostas de traballo, para este semana propóñovos facer: 

UN MANTEL PARA PRACTICAR OS TRAZOS.
Está actividade a fixemos na clase as últimas semanas. E serve para traballar o trazo que logo empregaremos no trazado de letras e números. 
Podemos empregar unha tea vella, unha cartulina,papel de envolver,etc para facer a base. E nela debuxaremos diferentes trazos. Logo con pedriñas,  bonecos pequenos,pasta...ou o que teñamos a man seguiremos o trazo. 

ASOCIAMOS NÚMERO-CANTIDADE
Novamente nunha base que pode ser tamén tea,varios folios....debuxaremos con axuda dun vaso 10 círculos. E faremos como na foto. Pintaremos en cada círculo 1,2,3...puntiños e nunhas tapas,cunchas,vasos...o que teñamos a man...os números do 1 al 10. E simplemente terán que ir contando puntiños e asociando número e cantidade. Compensa facer este tipo de actividades máis que tanta ficha, porque así tamén nos aseguramos que realmente entende o concepto do número. 

PINTURA PARA A HORA DO BAÑO
Hai moitas recetas. Está semana propóñovos esta. Un consello o azul mancha moito :). Probade a primeira vez con amarelo ou vermello. Con esta actividade enguarran un poco, pero o pasan xenial e é mais fácil de limpiar. É unha receta moi rápida, a dificultade está en que non mollen moito o pincel na bañeira ou se diluirá moito, pero o importante é que experimenten e xoguen. Podedes aproveitar para repasar as cores, facer mexturas e ver que cor sae...
Necesitades: 
1 culler de almidón de maíz (Maicena)
5 pulsacións de xabón do baño
3 gotas de colorante alimentario
1 ou dúas culleradas de auga. Depende da consistencia que queirades. 
1 pincel (ou pintar cos dedos)
Recipientes para as cores, por exemplo o do xeo
Se non vos queda como queredes xogade coa cantidade de maicena, auga e xabón.



CANCIÓN DA VOGAIS



PRACTICAMOS SERIES POÑENDO PULSEIRAS
Hai que seguir a serie escollendo a pulseira que ven a continuación, déixovos as variantes de máis fácil a difícil.





XOGAMOS O ESPELLO MUSICAL COA PROFE NURIA 


FACEMOS PSICOMOTRICIDADE CON ESTEFANÍA


domingo, 3 de maio de 2020

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DA SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Boas, aquí tedes a sesión de psicomotricidade de esta semana para mover ben o esqueleto.

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Ola. Esta semana  propóñovos: 

1.- FACER A RECTA NUMÉRICA DO 0 AO10. De forma que lles sexa máis familiar e próxima os seus gustos e intereses. Para iso propóñovos dúas opcións. Primeiro axudarlles a facer unhas tarxetas cos números do 1 ao 10. E logo podedes poñer a beira deses números tantos debuxos deles/las como indique a tarxet. Ou ben facer tantas cousas como indica o número, tal como vedes nos exemplos das fotos. E logo a buscar oco na parede da habitación :). 
É unha actividade para ir facendo os poucos, esta semana podemos comezar cos números do 1 ao 3 ou 5, e logo pouco a pouco ir completando.

2.-FACEMOS UN TELAR COA REIXA DO FORNO
Podemos empregar lana, lazos, trozos de camiseta vella... o obxectivo ademáis de divertirnos e practicar a motricidade fina que tanta falta nos fai ter exercitada nas fichas e no trazo das vogais e números.

3.- FACEMOS FORMAS XEOMÉTRICAS CON CINTA DE CARROCERO NO CHAN E CON XOGUETES
Podemos ademáis repasar as formas con esta canción: 


4.- UNHA NOVA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DA PROFE ESTEFANÍA


5.-  CONSTRUÍMOS UNHA MARACA COA PROFE NURIA
Un saúdo e calquera dúbida ou cousiña preguntade. Unha aperta.


luns, 27 de abril de 2020

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE 1

Xa agotastedes tóda-las cancións do Just Dances, dominades xa todas as posturas de ioga e precisades de novas ideas para exercitarvos un pouco... a profe Estefanía proponnos esta semana esta sesión de Psicomotricidade e mándavos moitos biquiños e saúdos. Fixádevos ben porque precisades dalgún material ben curioso...que disfrutedes moito do exercicio.

domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola!. Que tal a saída con peques a respirar aire e cargar pilas?. Seguro que serviu para enchernos de enerxías e ver un pouquiño as cousas doutra cor :).

Seguimos co repaso. Esta semana propóñovos CIRCUÍTO DE TRAZOS: En varios folios, papel continuo ou o que teñamos a man, faremos trazos que servirán para que repasen cun coche e logo sigan recortando. Fixádevos nos xiros que fan as letrasou números que estades a repasar para que ese s trazos teñan algo de parecido ou simplemente traballade o trazo en zig-zag, ondulado, recto....Aquí tedes un exemplo
FACEMOS PLASTILINA. Esta actividade xa a fixemos na clase no primeiro trimestre, pero como a plasti, do mesmo xeito que os rotuladores encántalles...pois por se andades escasos sempre se pode facer con cousiñas que temos na casa. O truco da receita (que hai moitas variantes) está en ir engadindo a fariña que vexamos que nos fai falta para que non se pegue e gardala despois nunha bolsa de conxelado ou nun bote pequeniño para que non se seque. Por exemplo, podemos empregar:
1 CUNCA DE AUGA. 1 CUNCA DE FARIÑA. 1/2 CUNCA DE SAL. 1 CULLER DE CEITE E UNHAS 3 GOTAS DE COLORANTE ALIMENTARIO.
Se o que queredes é repasar o nome, podemos facer un ARCO DA VELLA CO NOME. Con goma eva, fieltro, ou papel pintado de cores facemos un arco da vella coas líneas un pouquiño anchas se é posible, e cada cor será unha das letras do nome.
Esta actividade é para fixar visualmente o nome, pero tamén coñecer a orde das letras sen que bailen ou falten, xa que se queremos que o arco da vella quede feito só hai unha opción.







Para repasar os números ademais das fichas de traballo que vos pasarei para aqueles interesados, propóñovos este xogo para o teléfono ou tablet: esta semana toca ASOCIAR CANTIDADE E GRAFÍA ( DO 1 A0 5). (Clicade na Imaxe para acceder)
A profe Estefanía mándavos saúdos e déixavos esta SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE para o que teña ganas de exercicio
E a profe Nuria creou un blogue chulísimo. Esta semana propóñovos participar na actividade de CREAR UNHA ORQUESTRA. Os compis da clase de 4 anos xa se animaron a participar, podedes ver as súas creacións aquí. Se alguén se anima mandade o vídeo e a profe Nuria incluirao co resto de compis encantada. (clicade na imaxe para ir a entrada)

Un saúdo e Feliz Semana

venres, 20 de setembro de 2019

Coñecemos o ximnasio e as súas posiblidades


Estes días tamén coñecimos o ximnasio onde imos facer psicomotricidade con Estefanía. E cada día que vamos probamos uns materiais novos. 
O que máis nos gustou foi descalzarnos e facer un circuíto!!!
Agora xa entederedes porque ían os calcetíns manchados 😊. 
Recordade que cando remate o período de adaptación as clases de psicomotricidade de 3 ANOS serán os XOVES e VENRES. E soamente temos que ter moita enerxía eses días e vir con calzado cómodo e fácil de calzar e descalzar porque as veces xogaremos descalzos nas colchonetas (non sempre) e con roupa cómoda para brincar, correr, bailar e toda-las sorpresas que nos ten preparadas Estefanía.

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...