luns, 27 de abril de 2020

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE 1

Xa agotastedes tóda-las cancións do Just Dances, dominades xa todas as posturas de ioga e precisades de novas ideas para exercitarvos un pouco... a profe Estefanía proponnos esta semana esta sesión de Psicomotricidade e mándavos moitos biquiños e saúdos. Fixádevos ben porque precisades dalgún material ben curioso...que disfrutedes moito do exercicio.

domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola!. Que tal a saída con peques a respirar aire e cargar pilas?. Seguro que serviu para enchernos de enerxías e ver un pouquiño as cousas doutra cor :).

Seguimos co repaso. Esta semana propóñovos CIRCUÍTO DE TRAZOS: En varios folios, papel continuo ou o que teñamos a man, faremos trazos que servirán para que repasen cun coche e logo sigan recortando. Fixádevos nos xiros que fan as letrasou números que estades a repasar para que ese s trazos teñan algo de parecido ou simplemente traballade o trazo en zig-zag, ondulado, recto....Aquí tedes un exemplo
FACEMOS PLASTILINA. Esta actividade xa a fixemos na clase no primeiro trimestre, pero como a plasti, do mesmo xeito que os rotuladores encántalles...pois por se andades escasos sempre se pode facer con cousiñas que temos na casa. O truco da receita (que hai moitas variantes) está en ir engadindo a fariña que vexamos que nos fai falta para que non se pegue e gardala despois nunha bolsa de conxelado ou nun bote pequeniño para que non se seque. Por exemplo, podemos empregar:
1 CUNCA DE AUGA. 1 CUNCA DE FARIÑA. 1/2 CUNCA DE SAL. 1 CULLER DE CEITE E UNHAS 3 GOTAS DE COLORANTE ALIMENTARIO.
Se o que queredes é repasar o nome, podemos facer un ARCO DA VELLA CO NOME. Con goma eva, fieltro, ou papel pintado de cores facemos un arco da vella coas líneas un pouquiño anchas se é posible, e cada cor será unha das letras do nome.
Esta actividade é para fixar visualmente o nome, pero tamén coñecer a orde das letras sen que bailen ou falten, xa que se queremos que o arco da vella quede feito só hai unha opción.







Para repasar os números ademais das fichas de traballo que vos pasarei para aqueles interesados, propóñovos este xogo para o teléfono ou tablet: esta semana toca ASOCIAR CANTIDADE E GRAFÍA ( DO 1 A0 5). (Clicade na Imaxe para acceder)
A profe Estefanía mándavos saúdos e déixavos esta SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE para o que teña ganas de exercicio
E a profe Nuria creou un blogue chulísimo. Esta semana propóñovos participar na actividade de CREAR UNHA ORQUESTRA. Os compis da clase de 4 anos xa se animaron a participar, podedes ver as súas creacións aquí. Se alguén se anima mandade o vídeo e a profe Nuria incluirao co resto de compis encantada. (clicade na imaxe para ir a entrada)

Un saúdo e Feliz Semana

domingo, 19 de abril de 2020

SUXERENCIAS CLASE DE 3 ANOS SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola. Esta semana propóñovos as seguintes actividades.
Pero lembrade que non é unha competición de productividade, non temos que frustrarnos se os peques non queren facer nada ou non temos tempo. Estes días na casa parece mentira pero temos demasiadas cousas que facer e o tempo non da para nada a pesar de estar encerrados. Así que cada un que seleccione a gusto do consumidor…e calquera dúbida preguntade


Para aqueles que queiran traballar un pouco as letras.Podemos facer L
ETRAS EN PAPEL DE FORNO
Podemos seguir repasando as vogais e as letras do nome ou as que vaian demandando, en papel de forno pegado á xanela.

Lembrade que non importa como as tracen. Cada neno/a farao a súa maneira, non hai problema con tal de que vaian chegando ao trazo das letras e recoñecéndoas visual e auditivamente. Previamente ao trazo das letras podedes pedirlle que busquen pola casa cousas que empezan polas letras que ides traballar, ou simplemente axudarlle polo son a 
recoñecer palabras que empecen por esa letra. 



Se o que teñen os peques é ganas de xogar e facer "chiringuito" podemos facer un pouco de ARTE EFÍMERO: Para elo buscade cousiñas pola casa para facer debuxos con elas. Vale de todo. Nos empregamos pinzas, rotuladores, tapóns e pinzas da roupa. E con elas podedes facer mil debuxos diferentes.

Guiándoos ou deixándolles total liberdade.

Esta actividade fixémola varias veces durante o curso con obxectos do outono, pezas soltas da clase... a algúns lles encantaba e a outros lles daba vergoña ou non se atrevían...


Para seguir traballando a asociación número-cantidade, se tedes cartón por casa (dunha caixa de galletas,paquete….)podemos facer estas TARXETAS DE ASOCIACIÓN NÚMERO-CANTIDADE e decoralas ou non de mil maneiras.

Se o que queremos é divertirnos un rato  podemos facer este CAZABOLAS. Vedes que é moi sinxelo. Nós usamos a tapa da caixa dunha torta de Santiago… a mellor parte comerse a torta...e logo a tentar meter unha pelota pequena no buraco sen facer trampa. E igualmente pódese decorar de mil maneiras...por aquí aínda estamos niso, a nosa caixa parece que van ser as fauces dun guepardo. Pero pode ser o nariz dun pallaso, un planeta no espazo…decoralo con letras, ou deixar simplemente que sexa un buraco nunha caixa.

E por último propóñovos un experimento "FACEMOS UN ARCOIRIS". Cada semana poremos un sinxeliño, algúns feitos na clase e outros novos...pero todos con moitas posiblidades e adaptados aos peques:

Necesitamos: Sete vasos, auga, colorante alimentario e papel de cocina. 
Podedes ver un vídeo explicativo clicando na imaxe (non me atrevín todavía a subir o vídeo caseiro :)) Nós fixémolo e saíu xenial. Tarda un pouquiño en verse o resultado varía en función do tipo de vaso e cantidade de auga. Os nosos por exemplo eran pequenos (dos iogures) e tardaron uns 10 minutos en verse o que se ve na foto e á hora estaban todos cheos. 

Coa auga resultante podemos facer varias cousas:
1. EMPREGALA COMO ACUARELA para pintar o que queiramos
2.PINTAR CON PALLIÑAS OU POMPERO
3. CONXELAR E EXCAVAR: Conxelamos un pouquiño da auga coloreada e engadimos máis auga dentro dun globo e metemos un dinosuario o algún animaliño pequeno e nuns días tras estar no conxelador...a excavar.

Ánimo e a pola semana. 
Un saúdo e calquera cousiña xa sabedes onde estou.

mércores, 15 de abril de 2020

SUXERENCIAS CLASE DE 3 ANOS SEMANA DO 15 AO 17 DE ABRIL

Boas, espero que sigades todos ben. Mentres esperamos instrucións e vemos que pasa con este terceiro trimestre, vou ir deixando cada semana por aquí algunhas ideas para repasar o traballado en clase estes meses, por agora iamos solucionando dúbidas e dando ideas por privado, pero así creo que pode chegar a máis familias e igual achegar ideas a quen o precise.
Cada casa está a levar isto á súa maneira, non é unha situación fácil: teletraballo, en ocasións varios irmáns, problemas no traballo, inquedanzas, cada membro da familia xestiona as emocións de maneira diferente... pero tamén hai compis que reclaman ideas para entreterse, así que para responder un pouco a todos aí van unhas suxerencias para os que as precisen, mentres volvemos á normalidade....
E por suposto seguide preguntando o que necesitedes.
Aproveitaremos está actividades para movernos pola casa, para ver pola ventá e ver se atopamos estás formas dende ela. Formas que previamente os maiores debuxaremos nun folio. 
Esta foto e da miña casa, sí, non vos preocupedes seca rápido e límpase moi ben :), outra o cousa e o estropicio que fagan polo camiño, sobretodo con bebés polo medio je,je. Ánimo os/as valientes


Aquí axustade un pouco para cada nenos/a. Sempre seguiremos o que saben e piden. Algúns co 1 e 2 terán suficiente por agora. Outros animaránse ata o 5 ....

Ánimo e biquiños e apertas dixitais.

martes, 14 de abril de 2020

IDEAS E ACTIVIDADES DO PROXECTO EDUCACIÓN RESPONSABLE

Boas, deixámosvos unha nova quenda de actividades de Educación Responsable por se a alguén lle puidesen ser de utilidade mentres esperamos noticias de como se vai a desenvolver este terceiro trimestre.
Un saúdo e biquiños dixitais

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...