domingo, 19 de abril de 2020

SUXERENCIAS CLASE DE 3 ANOS SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola. Esta semana propóñovos as seguintes actividades.
Pero lembrade que non é unha competición de productividade, non temos que frustrarnos se os peques non queren facer nada ou non temos tempo. Estes días na casa parece mentira pero temos demasiadas cousas que facer e o tempo non da para nada a pesar de estar encerrados. Así que cada un que seleccione a gusto do consumidor…e calquera dúbida preguntade


Para aqueles que queiran traballar un pouco as letras.Podemos facer L
ETRAS EN PAPEL DE FORNO
Podemos seguir repasando as vogais e as letras do nome ou as que vaian demandando, en papel de forno pegado á xanela.

Lembrade que non importa como as tracen. Cada neno/a farao a súa maneira, non hai problema con tal de que vaian chegando ao trazo das letras e recoñecéndoas visual e auditivamente. Previamente ao trazo das letras podedes pedirlle que busquen pola casa cousas que empezan polas letras que ides traballar, ou simplemente axudarlle polo son a 
recoñecer palabras que empecen por esa letra. 



Se o que teñen os peques é ganas de xogar e facer "chiringuito" podemos facer un pouco de ARTE EFÍMERO: Para elo buscade cousiñas pola casa para facer debuxos con elas. Vale de todo. Nos empregamos pinzas, rotuladores, tapóns e pinzas da roupa. E con elas podedes facer mil debuxos diferentes.

Guiándoos ou deixándolles total liberdade.

Esta actividade fixémola varias veces durante o curso con obxectos do outono, pezas soltas da clase... a algúns lles encantaba e a outros lles daba vergoña ou non se atrevían...


Para seguir traballando a asociación número-cantidade, se tedes cartón por casa (dunha caixa de galletas,paquete….)podemos facer estas TARXETAS DE ASOCIACIÓN NÚMERO-CANTIDADE e decoralas ou non de mil maneiras.

Se o que queremos é divertirnos un rato  podemos facer este CAZABOLAS. Vedes que é moi sinxelo. Nós usamos a tapa da caixa dunha torta de Santiago… a mellor parte comerse a torta...e logo a tentar meter unha pelota pequena no buraco sen facer trampa. E igualmente pódese decorar de mil maneiras...por aquí aínda estamos niso, a nosa caixa parece que van ser as fauces dun guepardo. Pero pode ser o nariz dun pallaso, un planeta no espazo…decoralo con letras, ou deixar simplemente que sexa un buraco nunha caixa.

E por último propóñovos un experimento "FACEMOS UN ARCOIRIS". Cada semana poremos un sinxeliño, algúns feitos na clase e outros novos...pero todos con moitas posiblidades e adaptados aos peques:

Necesitamos: Sete vasos, auga, colorante alimentario e papel de cocina. 
Podedes ver un vídeo explicativo clicando na imaxe (non me atrevín todavía a subir o vídeo caseiro :)) Nós fixémolo e saíu xenial. Tarda un pouquiño en verse o resultado varía en función do tipo de vaso e cantidade de auga. Os nosos por exemplo eran pequenos (dos iogures) e tardaron uns 10 minutos en verse o que se ve na foto e á hora estaban todos cheos. 

Coa auga resultante podemos facer varias cousas:
1. EMPREGALA COMO ACUARELA para pintar o que queiramos
2.PINTAR CON PALLIÑAS OU POMPERO
3. CONXELAR E EXCAVAR: Conxelamos un pouquiño da auga coloreada e engadimos máis auga dentro dun globo e metemos un dinosuario o algún animaliño pequeno e nuns días tras estar no conxelador...a excavar.

Ánimo e a pola semana. 
Un saúdo e calquera cousiña xa sabedes onde estou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...