Como xa sabedes, o mes de novembro é o mes da ciencia. Na nosa aula iniciamos unha etapa de experimentos tentando reproducir un volcán aproveitando o xeo seco que nos pasou unha mamá que traballa nun laboratorio. Grazas Vero!!!
Estivemos moito tempo enredados falando sobre qué é un volcán e captando as ideas previas, facendo preguntas, intentando averigüar como se forma a lava, o tamaño dun cráter, a temperatura dentro da Terra,.... vendo documentais de volcáns reais en erupción, indo a buscar area ó areeiro, ollando os materiais que necesitábamos e facendo un listado, sentindo na cara o frío que desprendía o xeo seco (está a tan baixa temperatura que si o tocamos pode queimarnos), preparando o volcán,... e por fín fixemos que entrara en erupción ainda que non chegou a saír lava, foi todo un acontecemento ver como fervía dentro do cráter a auga con colorante.
Así o fixemos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario