Algúns non se despegan da mochila, dalles seguridade. A outros
empezaselles a notar o cansancio de madrugar. Pero imos adaptándonos moi ben, por iso xa
estamos todos xuntos. E toca coñecer a compis novos. Non hai problema, dentro de pouco coñeceremos os nomes de todos os nosos compañeiros/as.
Tamén imos o patio moi contentos, o primeiro día sen os maiores, e logo xa co
resto de compañeiros/as de infantil.
Nestes momentos de xogo visítannos os irmáns, primos e amigos
que están encantados de ternos no cole.
Xa somos os amos do patio, a maioría de nos xa sabemos onde
están os xoguetes, os baños do patio e disfrutamos do xogo nel. Outros a estas
horas, xa estamos cansos e preferimos descansar no banco ou ver como xogan outros.
E as veces poñémonos un pouco tristóns cando vemos os irmáns, porque
acordámonos de mami e papi. Pero o rato volvemos a xogar contentos.
A calor non axuda, pero nos sabemos como sacar partido a todos
os xogos e xoguetes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario