Dentro do traballo das letras, esta semana iniciamos unha nova actividade. O Carteiro das Letras. Esta semana tocoulle a Xela e a letra I. Estaban encantados e a carteira moito máis.
Cada semana tocaralle a un compi da clase e terá que traer nunha bolsa obxectos que teñan un letra (SECRETA) que levará escrita nunha nota.
E logo, na clase a carteira ou carteiro ten que petar na porta e facemos teatrillo. Preguntamos quén é, nos dí que é a Carteira e que nos trae unha letra que temos que adiviñar... e ahí comeza o xogo, antes de sacar cada obxecto da caixa vamos facendo preguntas, dando pistas... vamos sacando e escribindo o nome das cousiñas e pouco a pouco van dicindo letras ata acertar.
O final xa estamos todos/as case seguros da letra que imos a traballar o longo da semana.
Encantoulles. Procurade que sexan cousas para deixar porque xogaremos e repasaremos con elas. Este luns tocaralle a ...sorpresa! :).
E logo a traballar a letra, como non.
Procuro que non se note moito cando fago a foto, pero...os hai que están a todo :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario