xoves, 12 de decembro de 2019

NOEMÍ CUMPLE 4 ANOS!!

Que ledicia tiña hoxe Noemí: cumple catro anos...." como los otros niños, profe".
Estaba moi nerviosa esperando a contarnos que fixo a "tarta da avoa" con axuda de "abu" Esperanza. Necesitou: galletas leite, chocolate e,e,e,....nada máis. Non se mete no forno nin na tixola nin no conxelador.  "Era moi dificilísima de facer con "abu" porque non me deixaba poñer todas as galletas xuntas" pero ...."vai estar moi riquísima".
    E, efectivamente; estaba boísima!. Case non lle deixamos ós nenos e nenas que hoxe non viñeron ó colexio.
   Como sempre, pasámolo moi ben facendo a coroa, debuxando as tarxetas, cantando "cumpleaños felis" e logo....merendando!!!!

 Felicidades Noemí e grazas Abu Esperanza pola túa axuda!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...