luns, 16 de marzo de 2020

Tarefas aconselladas durante o periodo de permanencia na casa


Ola familias. Estes días iremos subindo cousiñas para que se nos faga a todos máis doado estar na casa cos cativos/as. Por exemplo podemos aproveitar para traballar: 

- Os contos: deixando que sexan eles partícipes dos mesmos: Contar contos ou vendo algúns por internet  e logo que escriban o que máis lles gustou, o fagan un debuxo. Inventar un final diferente. Xogar a que pasaría se...(por exemplo a bruxa fose boa, se os porquiños non marchasen da casa...etc). 

- Lectoescritura:  buscar letras nas revistas, paquetes, pola casa, nas etiquetas da roupa.. Xogar a palabras encadeadas,...Os máis pequenos escribindo o seu nome: escribíndolles o modelo en grande e que poñan garbanzos o macarróns seguindo os trazos, copiando o trazo, pegando plasti enriba... Os maiores que escriban alguna palabra ou frase significativa, pero respetando as súas creacións e escrituras. Tamén podemos aproveitar pinzas da roupa ou tapóns para por letras e que compoñan palabras con elas....

- Lóxicamatemática: Contar obxectos habituais (xoguetes, froitas, calcetíns...)buscar números pola casa. Facer seriacións. Sumar obxectos. Agrupar (escribir en diferentes folios números e teñen que buscar tantos obxectos como representa o número). Escribir os números en folios, vasos de papel, rollos de papel hixiénico e xogar a quitar números e ver cal falta, ...

- Plástica: recortar con texoiras, rasgar cos dedos, facer collage con trozos de revistas, teas vellas... xogar coa plasti, debuxo libre, facer manualidades 

- Xogar a xogos de mesa: adiviñas, cancións, xogar o vexo-vexo...

- Xogos de movemento: facer un circuíto no corredor, facer ioga, xogar a pita cega, o escondite inglés, bailar, etc.

-Investigar: Comezar unha pequena investigación dun tema que lles guste ou motive.

- Recursos na aula virtual do colexio:  Hai un proxecto sobre o Coronavirus con explicacións para nenos e adultos, actividades e como contarlles ós nenos/as o que sucede. Está sacado do blog: "misalaamarilla.blogspot.com"
TENDES QUE ACCEDER COMO CONVIDADOS :

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipflavia/aulavirtual2/course/view.php?id=17 -

Películas, xogos, manualidades.-
https://teachersforfuturespain.org/recursos-para-los-dias-de-cole-a-distancia/?fbclid=IwAR0jZmBdDJMd_W4bX7ZEqxEnF_TY6AqSv5xT6Im__FXPuQ7ka4mwK1iATq4

 XOGOS DE MOVEMENTO PARA XOGAR COS NENOS E NENAS

CONTACONTOS: EDITORIAL KALANDRAKA.- CADA DÍA ENGADEN UN CONTO MÁIS:
http://kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=33&pagina=1&video=Antonio%20Rubio%20-%20Animales#PD_Antonio%20Rubio%20-%20Animales 

E sobre todo desfrutar dos nosos fillos/as e que xoguen moito.

Deixamos tamén o enlace a esta páxina na que da ideas de como secuenciar os días para pasar en familia. E tamén recursos para traballar:

http://aulasgalegas.org/planificacion-do-dia-para-infantil/
E outra con cancións e recursos en galego:

https://orellapendella.gal/



Un saúdo e ánimo

As profes de Infantil.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...