domingo, 28 de xaneiro de 2018

CONTACONTOS


Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil disfrutamos dun contacontos ofertado pola Deputación da Coruña. Raquel contounos a historia de dous amigos: Rita e Lolo, estes amiguiños queríanse moito pero tiñan moitas diferenzas entre eles. O conto "Te quiero (casi siempre)" gustounos moito porque ensina a resolver conflictos sen pelexarnos e iso está moi, moi ben, non vos parece?
Fixemos logo o noso monicreque de Lolo e Rita e levámolo para casa.
Foi fantástico e pasámolo moi ben!!!

venres, 26 de xaneiro de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro martes 27 de febreiro as 16:30, todas as nais, pais e familias que esteades interesados en matricular aos vosos fillos e fillas no noso centro para o curso escolar 2018-2019, teredes a oportunidade de coñecer o centro.



luns, 22 de xaneiro de 2018

O MEU LIBRO DE PADRÓN



Os nenos e nenas de 5 anos amosáronnos o traballo que fixeron sobre Padrón, contaronnos un montón de cousas sobre o lugar onde vivimos, resultou moi interesante. Grazas compañeiros/as!!!


Comezaremos o proxecto: "A Volta o Mundo" partindo da nosa Comunidade e do Pais onde vivimos, para continuar visitando os diferentes paises do mundo, especialmente os Paises Europeos.
Comezamos a andaina!!!


luns, 25 de decembro de 2017

O NADAL NO FLAVIA

Este ano no CEIP Flavia montamos unha boa festa!! Celebramos as campanadas de Fin de Ano, e tomamos chocolate con churros!
Foi un gran día!!!!!!! 

martes, 19 de decembro de 2017

RECOMENDACIONES LECTORAS DE NADAL

Boas, xa non queda nada para as vacacións de Nadal e a visita de Papa Noel e os Reis Magos. Supomos que xa están todas as cartas enviadas, pero por se algún aínda ten dúbidas, aí van algunhas ideas de libriños que as profes de infantil, pensamos que vos poden gustar. Un saúdo e felices lecturas.




POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...