Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
martes, 19 de xuño de 2018
mércores, 6 de xuño de 2018
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 de Xuño)
Os nenos e nenas de 4 anos participamos no concurso escolar: "CUIDEMOS EL MEDIO AMBIENTE". Despois de reflexionar sobre o tema, e valorar a importancia de coidar o noso planeta, elaboramos un mural colectivo. Sacámoslle unha foto e mandámola ao concurso.
O 5 de xuño co motivo do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, enviáronnos un diploma a cada un pola nosa participación no concurso.
Aprendemos un montón de cousas pero ó máis importante é que TODOS debemos contribuir a coidar o medio ambiente.
COIDÉMOLO, SÓ TEMOS UN!!
luns, 4 de xuño de 2018
EXCURSIÓN O GROVE
O venres 1 de xuño realizamos a excursión de fin de curso O Grove. Alí disfrutamos dun fabuloso paseo en catamarán, foi realmente divertidoo!!! Aquí vos deixamos unha pequena mostra!
xoves, 31 de maio de 2018
PROGRAMA ESCOLAR DE LEITE E PRODUCTOS LÁCTEOS
No presente curso o noso cole participou no PROGRAMA ESCOLAR DE LEITE E PRODUCTOS LÁCTELOS. O Ministerio pon a disposición dos colexios participantes a páxina web onde podedes atopar diferentes materiais: http://lucydisfrutaconloslacteos.es/
Na web tamén está activo o concurso "Selfie receta", trátase dunha actividade conxunta para pais/nais e nenos/as co obxectivo de coñecer un pouco máis o proceso de producción da leite e dos productos lácteos. A familia gañadora do concurso poderá disfrutar de varios premios. Clicade no seguinte enlace para ver cales son as bases do concurso: http://lucydisfrutaconloslacteos.es/padres/concurso/
luns, 21 de maio de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
MARÍA VICTORIA MORENO foi a autora homenaxeada nas Letras Galegas. Traballamos algunhas das súas obras, estampamos camisetas, ambientamos os corredores do colexio... e recibimos a visita do autor e ilustrador Anxo Fariña. Clicade no seguinte enlace e veredes as actividades realizadas, ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2018
venres, 18 de maio de 2018
FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA
A Fundación Pública Galega Camilo José Cela celebra a V edición do Letreseo co que conmemora tres datas fundamentais para a institución: o aniversario do nacemento do escritor (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos (18 de maio). Para máis información clicade no seguinte enlace: "Padrón Literario"
O día 15 de maio, os nenos e nenas de educación infantil visitamos a fundación Camilo José Cela. Alí disfrutamos dunha actuación musical, e despois visitamos o museo do tren.
martes, 15 de maio de 2018
XORNADA DE ACOLLIDA
O 9 de maio recibimos a visita dos que serán algúns dos nosos compañeiros/as de 1º, para o vindeiro curso escolar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
POEMA QUE DA MEDO.
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
Os nenos e nenas de 5 anos amosáronnos o traballo que fixeron sobre Padrón, contaronnos un montón de cousas sobre o lugar onde viv...
-
MARÍA VICTORIA MORENO foi a autora homenaxeada nas Letras Galegas . Traballamos algunhas das súas obras, estampamos camisetas, ambienta...















