xoves, 15 de marzo de 2018

CONSERVATORIO HISTÓRICO (SANTIAGO)


O martes 13 de marzo, fixemos unha saída a Santiago de Compostela, fumos o conservatorio histórico a ver unha actuación: "MÁISQUENOTIÑAS"

Foi moi divertido, mirade!!!! MAISQUENOTIÑAS

Puidemos tamén participar no espectáculo, clicade no seguinte enlace e mirade o ben que o fixemos:
PARTICIPAMOS NA ACTUACIÓN

luns, 12 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)

O pasado xoves 8 de marzo, co motivo do día da muller,  realizamos unha actividade colectiva titulada: "AS NOSAS MULLERES". Tratábasae de que cada neno/a debuxase a muller máis importante na súa vida, explicar ao resto da clase o porqué e posteriormente pegar o debuxo no mural. Participaron tamén os nenos e nenas de primaria, quedou un traballo fantástico!




venres, 2 de marzo de 2018

luns, 12 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018



O venres 9 de febreiro, celebramos o ENTROIDO no Flavia. 

Xogamos, bailamos, e probamos os doces típicos destas datas, e coma de costume...  Pasámolo fenomenal!!!!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

luns, 5 de febreiro de 2018

CIRCUÍTO ELÉCTRICO

Hoxe visitáronnos os tíos de Mariña, para explicarnos como funciona un circuíto eléctrico, e seguir así, alimentando un pouquiño máis  ese interese investigador que despertou no mes da ciencia. Aquí tedes unha pequena mostra da visita.
Moitas gracias pola visita, estivo xenial!!!!

mércores, 31 de xaneiro de 2018

ALIMÉNTATE BEN



O noso cole está a participar no programa"Aliméntate ben" co obxectivo de fomentar unha alimentación saudable. Durante 10 días, na hora da merenda tomamos froita variada e leite. A froita tiña unha pinta estupenda!! Mmmmm....

martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ 2018

Hoxe 30 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz, aquí tedes unha pequena mostra das actividades que realizamos.

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...