O martes 24 de Abril, fumos de excursión ao Salón do Libro en Pontevedra. Alí puidemos disfrutar da obra de teatro: "A ovella Engracia". Clicade no seguinte enlace e veredes!!!! SALÓN DO LIBRO
Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
xoves, 26 de abril de 2018
luns, 23 de abril de 2018
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Hoxe celebramos o "DÍA DO LIBRO" con numerosas actividades: fixemos flores co título dos nosos contos preferidos, decoramos portadas de varios contos, escribimos aqueles motivos polos que nos gusta ler, e disfrutamos dos contos no patio do colexio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos preparando as actividades para o día do libro!!!!
martes, 3 de abril de 2018
DÍA 2 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil fixemos no cole unha "Búsqueda do Tesouro". As pistas do xogo nos levaron a distintos recunchos do cole onde estaban agochados os ovos, dentro de cada ovo aparecía o título dun conto, o cal escribíamos ao lado de cada pista, e finalmente rematamos a búsqueda na biblioteca, onde poidemos botarlle unha ollada aos contos...
Pasámolo xenial!! Clicade no video e veredes!! "BUSCANDO OVOS"
xoves, 15 de marzo de 2018
CONSERVATORIO HISTÓRICO (SANTIAGO)
O martes 13 de marzo, fixemos unha saída a Santiago de Compostela, fumos o conservatorio histórico a ver unha actuación: "MÁISQUENOTIÑAS"
Foi moi divertido, mirade!!!! MAISQUENOTIÑASPuidemos tamén participar no espectáculo, clicade no seguinte enlace e mirade o ben que o fixemos:
PARTICIPAMOS NA ACTUACIÓN
luns, 12 de marzo de 2018
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)
O pasado xoves 8 de marzo, co motivo do día da muller, realizamos unha actividade colectiva titulada: "AS NOSAS MULLERES". Tratábasae de que cada neno/a debuxase a muller máis importante na súa vida, explicar ao resto da clase o porqué e posteriormente pegar o debuxo no mural. Participaron tamén os nenos e nenas de primaria, quedou un traballo fantástico!
venres, 2 de marzo de 2018
Visitamos a casa de Rosalía de Castro
Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron o martes na visita a casa de Rosalía.
luns, 12 de febreiro de 2018
ENTROIDO 2018
O venres 9 de febreiro, celebramos o ENTROIDO no Flavia.
Xogamos, bailamos, e probamos os doces típicos destas datas, e coma de costume... Pasámolo fenomenal!!!!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
POEMA QUE DA MEDO.
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
MARÍA VICTORIA MORENO foi a autora homenaxeada nas Letras Galegas . Traballamos algunhas das súas obras, estampamos camisetas, ambienta...
-
Os nenos e nenas de 5 anos amosáronnos o traballo que fixeron sobre Padrón, contaronnos un montón de cousas sobre o lugar onde viv...







