A ESTAS ALTURAS DE MES, CONFIAMOS EN QUE CHEGARÍAN ÁS VOSAS CASA AS POSTAIS DE NADAL QUE CON TANTO CARIÑO FIXERON OS NENOS E NENAS E QUE LOGO LEVARON A CORREOS.
BO NADAL FAMILIAS!!! POSTAIS DE NADAL
Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
luns, 24 de decembro de 2018
POR FÍN: TODOS TEMOS TRES ANOS!!!!
REMATA O TRIMESTRE E ...XA TODOS CUMPLIMOS POR FÍN OS TRES ANOS. OS ÚLTIMOS FORON MANUEL L. E JULEN.
QUEREDES VER QUE BEN O PASAMOS? POIS OLLADE:
ANIVERSARIO MANU E JULEN
QUEREDES VER QUE BEN O PASAMOS? POIS OLLADE:
ANIVERSARIO MANU E JULEN
domingo, 23 de decembro de 2018
CELEBRAMOS O NADAL
As vacacións de Nadal xa chegaron e o venres 21 festexamos esta data cunha gran festa no cole. Primeiro tivemos a visita dos Reis Magos, despois tomamos as 12 uvas ao son das campanadas e por último tomamos chocolate con churros!!!!
Ademáis todos os alumnos/as, os profes, o conserxe, e o persoal de cociña do cole participamos nunha panxolña: "Volver a casa por Nadal ". Clicade no seguinte enlace e veredes que ben nos quedou: VOLVER A CASA POR NADAL
mércores, 19 de decembro de 2018
CONTOS DE NADAL
Os alumnos/as de 6º de Primaria inventaron contos de Nadal e viñeron a infantil a contalos.
Foi moi divertido, moitas grazas compañeiros/as por compartilos con nos!
luns, 17 de decembro de 2018
UN NADAL POÉTICO
Como xa sabedes, este curso a Poesía é a protagonista de moitas das actividades que levamos a cabo no cole. Por este motivo, nos adornos navideños que ambientan os nosos corredores pódense ler diferentes fragmentos poéticos, rimas, algunha panxoliña...
Unha vez máis agradecemos a vosa colaboración!!
sábado, 15 de decembro de 2018
GARDA CIVIL DE TRÁFICO
O venres 14 de decembro visitounos a Garda Civil de Tráfico, explicáronnos a importancia de cumprir as normas de seguridade vial e contáronnos moitas cousas do seu día a día nesta profesión. Trouxeron materiais que puidemos probar, deixáronnos montar nas motos e nos coches e ata poñer a funcionar as sirenas!!!!
xoves, 13 de decembro de 2018
MALETA DIDÁCTICA: CAMILO JOSÉ CELA
Durante un par de semanas tivemos no noso cole a maleta de Camilo José Cela, coñecemos máis de cerca a historia deste escritor gracias ao conto "Camiliño Josesiño". Xogamos co material que había dentro da maleta como o gorro de ferroviario, a pluma coa que escribia as súas obras, a súa casa feita en cartón... Transcribimos o conto de Camiliño Josesiño para así poder ter unha copia na nosa biblioteca de aula, foi moi interesante poder dispoñer deste material.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
POEMA QUE DA MEDO.
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...
-
MARÍA VICTORIA MORENO foi a autora homenaxeada nas Letras Galegas . Traballamos algunhas das súas obras, estampamos camisetas, ambienta...
-
Os nenos e nenas de 5 anos amosáronnos o traballo que fixeron sobre Padrón, contaronnos un montón de cousas sobre o lugar onde viv...













