xoves, 30 de maio de 2019

CLASE DE MÚSICA

Hoxe foi un día especial na clase de música, tivemos a sorte de compartir esta sesión con Deva, a filla da nosa profesora Nuria, toda unha experta en tocar o violonchelo, deunos un concerto e deixounos probar o seu instrumento. Foi unha magnífica experiencia. Grazas Deva!













venres, 24 de maio de 2019

DANIEL XA TEN 6 ANOS!!

Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Daniel, soprou as velas e compartiu con nós un delicioso biscoito. Estaba boísimoooo, comémolo enteiriño!!
Parabéns Dani!!!


xoves, 23 de maio de 2019

XORNADA DE ACOLLIDA

Hoxe os nenos e nenas de 5 anos recibimos unha visita moi especial. As nosas compañeiras do próximo curso, EIRE e MIREYA, viñeron o cole a pasar o día con nós. Contámoslle moitas cousas sobre o cole, xogamos con elas nos recunchos, no patio, merendamos todos xuntos e amosámoslles as instalacións do cole.




mércores, 22 de maio de 2019

SAÍDA EROSKI

Os nenos e nenas de infantil realizamos unha visita ao supermercado Eroski de Padrón. Alí explicáronnos un montón de cousas sobre o funcionamento do supermercado, visitamos a carnicería a pescadería e sorprendéronnos cunha merenda de froitas riquisimaaaaaa!!
Tamén realizamos xogos, nos que tiñamos que adiviñar de qué alimento se trataba a través do tacto! Moi divertido!!



domingo, 19 de maio de 2019

TALLERES DE COCIÑA


Esta pasada semana, dentro dos nosos talleres de cociña preparamos " Copa de Fresas con Vainilla" e "Limonada"
 Como nos gustan as cousas que facemos nós mesmos!  Estamos feitos uns bos cociñeiros.!

Ollade que concentrados e eficientes estamos:

                                                           Clicade en "FRESAS CON VAINILLA"

E clicade  aquí para ver como facemos a LIMONADA 






sábado, 18 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano festexamos as letras galegas cunha "DANZA DE PAUS", na que participamos todos os nenos e nenas do Flavia!! Mirade o ben que saiu!!




Durante esta semana traballamos a figura de Antonio Fraguas, pintamos a súa caricatura e investigamos sobre o traxe tradicional galego. A profe Marta realizou unha explicación sobre as partes do traxe galego con baile e todo, aprendemos un montón. Grazas Marta!!!








mércores, 15 de maio de 2019

APRENDEMOS A RELAXARNOS


Como xa é habitual, despois de correr, saltar e brincar, temos un ratiño para relaxarnos. Ás veces son os nosos compañeiros que nos axudan pero hoxe fixéronno mellor que outros días porque tiñan a axuda dun.... GLOBO! Sí, sí, léstedes ben, un globo. Ollade, ollade:...

                                                    Clicade no seguinte enlace:
                                                                                                    "RELAXÁMONOS"


E, despois Manu, Izan e Julen ensináronnos a estar atentos á música para poder parar cando a deixamos de escoitar. Eles fixéronno xenial !!! e nós,... qué opinades?....
                                        
                                                   Clicade no seguinte enlace:
                                                                                                     


POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...