Mañá temos a festa de Samaín. Que ilusión!!!!!
Pero mentres tanto, levamos uns
días traballando os medos e as cousiñas de Samaín: bruxas, monstros, arañas,
cabazas.... con contos, cancións, charlas, xogos e moitas manualidades.
E como non, en 3 anos practicando motricidad fina. E que mellor que co trasvase (encantados quedaron, non tanto a señora da limpeza que cada día encontraría a pesar de limpar nos antes, fabas por todas partes). Creo que foi das actividades que máis lles gustou.
Tamén cazamos arañas escurridizas con pinzas:
Contamos arañas, axudánonos entre compis e probando ata canto podíamos contar
Xogamos a facer caras na nosa cabaza:
Axudamos a araña a facer a súa casiña. Esta actividade gustou, pero costaba moito traballo eso de facer nudos ou intentar tecer..
Pero como sempre o que máis gusta nesta clase foi a "chapa e pintura".
Por iso hoxe levaron os seus trabajitos de Samaín, para asustar un pouco na casa.
Uns traballiños que fixeron con diferentes técnicas como víchedes:
Pintamos con canicas e coas mans as nosas arañas peludas:
Pintaron con esponxas uns morcegos sobrevoando un ceo de outono. (O das esponxas non deulles un poco de grima 😊)
E fomos facendo a nosa "corre, corre, cabaciña" coas ideas que foron aportando:
Quería facer "chafalladas" e ahí puxemos os nosos garabatos de cores:
Logo probamos a pegar. Todo un descubremento o do pegamento, aínda queda moito que practicar.
E coma non, gomets por todas partes.
Pintamos os cucuruchos das castañas para o magosto.
E contribuímos os nosos talleres de xogos para a festa pintando uns tragacastañas.
Vamos que non paramos de traballar e xogar. Estamos agotados
E mañá FESTA RACHADA!!!!!
Pero mentres tanto deixamos unha das cancións que máis lles gustou os nenos/as de 3 anos, e iso que traballamos varias, pero esta triunfou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario