Os Martes ademáis do momento de "chapa e pintura" estamos comezando a facer xogos matemáticos entre todos. Iremos introducindo novos xogos cada pouco, e retomando outros para xogar. Aquí os tedes pondo pinguiñas de choiva nas nubes, algúns soiños, outros con axuda, pero todos moi atentos.
Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
xoves, 30 de xaneiro de 2020
Letra A
Ola. Como xa vos dixemos, estamos a empezar a traballar os nomes e as letras. E a semana pasada, supoño que xa se chivarían.. tocou a A.
Aquí tedes un pouquiño do traballo que fixemos.
Aquí tedes un pouquiño do traballo que fixemos.
Pensamos entre todos palabras que empezan pola letra A. Discriminamos os nomes que teñen esta letra e os que non. A trazamos en diferentes superficies, e fixemos a nosa letra A de repaso cos nomes dos compis que comezan por esa letra
Dende entón vemos letras A por todos lados. No mantel da Paz, no recuncho da escritura... :).
Fixemos tamén debuxiños e cousas para facer entre todos o libro da A para a nosa biblioteca de aula:
E traballamos cancións coma esta. Que seguro que algún e algunha xa andaba a tarareala.
ANIVERSARIO MARIO GONZÁLEZ
Este mes na clase de 3 tivemos o cumpre de Mario González. Foi un mes tranquilo fronte a clase de 4 anos que foi todo troula :). Xa nos tocará, xa.....
Cando o celebramos aínda non estábamos todos maliños e puidemos disfrutar todos xuntos. O pasamos xenial, están desexando cumprir todos 4 xa!
Cando o celebramos aínda non estábamos todos maliños e puidemos disfrutar todos xuntos. O pasamos xenial, están desexando cumprir todos 4 xa!
LETRA I E A CARTEIRA DAS LETRAS
Dentro do traballo das letras, esta semana iniciamos unha nova actividade. O Carteiro das Letras. Esta semana tocoulle a Xela e a letra I. Estaban encantados e a carteira moito máis.
Cada semana tocaralle a un compi da clase e terá que traer nunha bolsa obxectos que teñan un letra (SECRETA) que levará escrita nunha nota.
E logo, na clase a carteira ou carteiro ten que petar na porta e facemos teatrillo. Preguntamos quén é, nos dí que é a Carteira e que nos trae unha letra que temos que adiviñar... e ahí comeza o xogo, antes de sacar cada obxecto da caixa vamos facendo preguntas, dando pistas... vamos sacando e escribindo o nome das cousiñas e pouco a pouco van dicindo letras ata acertar.
O final xa estamos todos/as case seguros da letra que imos a traballar o longo da semana.
Encantoulles. Procurade que sexan cousas para deixar porque xogaremos e repasaremos con elas. Este luns tocaralle a ...sorpresa! :).
E logo a traballar a letra, como non.
Procuro que non se note moito cando fago a foto, pero...os hai que están a todo :)
mércores, 29 de xaneiro de 2020
ANIVERSARIO DE AARÓN E DE MANUEL SOBRINO
Para rematar o mes celebramos os cumples de Aarón e de Manu por todo o alto.
Cociñáronnos unha bica e un biscoito para compartír cos nenose nenas da clase. Recibimos "instruccións " moi concretas de cómo batir os ovos, o leite que temos que utilizar ( sen lactosa, claro), a fariña ten que ser branca e o azucre tamén. " Non se lle bota sal!!! que quede claro". Necesita polo menos oito ou 10 minutos no forno e logo a esperar!!!.
Fixémoslle tarxetas, axudamos coas coroas, contamos as velas por se faltaba algunha, cantamos "cumpleanos feliz" en TRES idiomas!!! Ah! e non se nos olvidaron os tiróns de orellas nin a festa de burbullas!!!
Pasámolo xenial !!!
Grazas familias! e FELICIDADES CUMPLEAÑEROS!!!
Cociñáronnos unha bica e un biscoito para compartír cos nenose nenas da clase. Recibimos "instruccións " moi concretas de cómo batir os ovos, o leite que temos que utilizar ( sen lactosa, claro), a fariña ten que ser branca e o azucre tamén. " Non se lle bota sal!!! que quede claro". Necesita polo menos oito ou 10 minutos no forno e logo a esperar!!!.
Fixémoslle tarxetas, axudamos coas coroas, contamos as velas por se faltaba algunha, cantamos "cumpleanos feliz" en TRES idiomas!!! Ah! e non se nos olvidaron os tiróns de orellas nin a festa de burbullas!!!
xoves, 23 de xaneiro de 2020
ANIVERSARIO DE GAEL!!! E VAN CINCO ESTE MES!!!
Tócanos o turno de festexar o aniversario de Gael: cumpliu o día 18 CINCO anos!!!
Estaba moi impaciente para contarnos como fixo, con axuda de mamá, o seu biscoito con pepitas de chocolate.
Fixémoslle tarxetas de felicitación e, mentras Gael cubría os datos do seu diploma recibiu como é costume, moitos biquiños e se algún/algunha se olvidaba, aí estaba Gael moi atento para reclamarllo: Como se van olvidar de darlle un bico a un dos máis "biqueiros" da clase!!!.
Houbo que soplar varias veces para apagar as velas: é que son tantas!!!
Merendamos e celebramos a festa das pompas ( que nunca esquecen), antes de marchar para o recreo.
Ollade que ben o pasamos:
venres, 17 de xaneiro de 2020
XOEL E ANTÍA CUMPLEN 5 ANOS!!!
Cando ainda temos recente o aniversario de Noel, tócanos celebrar o de Xoel e Antía!!!
Deleitáronnos cunha explicación moi detallada de c´omo fixeron a tarta da avoa mentras ollábamos as imaxes na pantalla. Levóulles dous días! Claro e que a tarta tivo que arrefríar para poder decorala!
Estaban supernerviosos. Fixémoslles unhas postais de recordo mentras eles cubrían o seu diploma. Contáronnos tamén a bonita historia do seu nacemento antes de degustar a riquísima tarta feita tan coordinadamente.
Fixemos a nosa festa de burbullas e,....para rematar regaláronnos a cada un DOUS lápis con goma!!! Guau! que contentos marchamos este mércores para a casa.
Felicidades Xoel!!!!
Felicidades Antía!!!!
Grazas familia!!!
Deleitáronnos cunha explicación moi detallada de c´omo fixeron a tarta da avoa mentras ollábamos as imaxes na pantalla. Levóulles dous días! Claro e que a tarta tivo que arrefríar para poder decorala!
Fixemos a nosa festa de burbullas e,....para rematar regaláronnos a cada un DOUS lápis con goma!!! Guau! que contentos marchamos este mércores para a casa.
Felicidades Xoel!!!!
Felicidades Antía!!!!
Grazas familia!!!
xoves, 16 de xaneiro de 2020
EMPEZAMOS A CUMPLIR 5 ANOS !
Empezamos o ano e xa estamos cumplindo anos!
Este mes están sete nenos e nenas de aniversario! E, o primeiro foi NOEL que lle axudou a Ana a facer un biscoito riquísimo con unha sorpresa nas letras que nos deixou a boca e a lingua verdes!!! Cantas risas!
Olla de o vídeo para ver que ben o pasamos.
Este mes están sete nenos e nenas de aniversario! E, o primeiro foi NOEL que lle axudou a Ana a facer un biscoito riquísimo con unha sorpresa nas letras que nos deixou a boca e a lingua verdes!!! Cantas risas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
POEMA QUE DA MEDO.
POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...

-
Esta semana acompañóunos nos nosos talleres de cociña Begoña, a mamá de Xoel e Antía : Pasámolo moi ben con ela, contóunos cousas moi ...
-
Como xa é habitual, despois de correr, saltar e brincar, temos un ratiño para relaxarnos. Ás veces son os nosos compañeiros que nos axudan...
-
Que ben o pasamos hoxe! Cando chegamos á clase tiñamos un forniño eléctrico, unha tixola, aceite e unha espumadera enriba dunha mesa! ...