domingo, 17 de maio de 2020

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO


1.CONTAMOS E REPASAMOS A RECTA NUMÉRICA
Damoslles uns números impresos ou escritos nun papel e pedímoslles que fagan primeiro a recta numérica. Podemos xogar a facer trampas e cambiarlles algún número a ver se o descubren. E logo con bonecos, coches, ou algún dos seus xoguetes preferidos pedirémoslles que agrupen tal como di a tarxeta do número.

2.- TRABALLAMOS A CONCIENCIA FONÉTICA COA RODA DAS LETRAS E PINZAS DA ROUPA
 Pasareivos as rodas ;) ou tamén poden facerse caseiras recortando cousiñas de folletos e revistas. Como vedes é moi sinxelo: teñen que colorar unha pinza (así tamén traballan a psicomotricidade fina) no debuxo que empece pola letra da tarxeta. Aquí ao principio teredes que axudarlles un pouquiño, sobre todo coas letras que aínda non dominen, pero pouco a pouco irán mellorando. Con esta actividade ademáis de identificar palabras que comezan por esas letras, traballamos o son das letras que vai a ser moi necesario a hora de arrancarse a escribir mais adiante. 

3.- DEBUXAMOS SOMBRAS
Aproveitando o bo tempo podemos xogar a debuxar sombras. E logo podemos completar o debuxo coloreando ou debuxando o que se nos ocurra. Tamen podemos facer primeiro un fondo e logo debuxar a sombra.


4.-FACEMOS UNHA NOVA SESIÓN  DE PSICOMOTRICIDADE DA PROFE ESTEFANÍA


6.- CHEGOU A PRIMAVEIRA COA PROFE NURIA:





Ningún comentario:

Publicar un comentario

POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...