1.-LAND ART PARA CONMEMORAR A SEMANA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA
Trátase de facer debuxos con elementos da natureza.
E tamén podemos aproveitar para recoller follas e logo calcalas, ou ben calcar cortezas de árbores nos nosos paseos.
2.-COMEZAMOS A NOSA "CHULETA" DE LETRAS VARIADAS
Podedemos facelo con cartóns ou folios, cada quen ao seu gusto. A idea que que vaian recortando letras maiúsculas e minúsculas en diferentes formatos e pegar un debuxo ou cousas de revistas... de forma que teñan unha "chuleta". Recoñecendo así diferentes formatos das letras que van traballando. Comenzade polas letras que xa coñecen e logo, e pouco a pouco iremos completando esta colección.
3.-XOGAMOS COS NÚMEROS
É un xogo moi sinxelo como vedes. Precisamos un lámina con números do 1 ao 6 (pásovos o cartón), un dado e unhas fichas (vale calquera outra cousa que teñades a man). Hai que colocar tantas fichas como indica o número do dado. Gana o primeiro que teña todos os números completados.
Trátase de que vain asociando, contando e aprendendo a xogar por quendas.
E tamén unha canción para repasalos
4.-REPASAMOS O INGLÉS E APROVEITAMOS PARA BAILAR E XOGAR UN RATO:
5.-MOVEMOS O ESQUELETO COA PROFE ESTEFANÍA
6.-REPASAMOS A CANCIÓN DE COCORICO COA PROFE NURIA.
E déixovos por aquí os debuxos e co conto, porque seguro que terán ganas de repasalos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario