Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
Seguimos a traballar o grafismo creativo na clase de 3, o círculo, as cores... e esta vez empregamos o libro :
Primeiro limos o conto, fixemos fichas individuais coas nosas composicións particulares. E logo a nosa visión do libro nun mural no fomos aportando todos un pouquiño
https://youtu.be/ubFVSy0vkjQ
Para rematar o mes de novembro, mes da ciencia, nas aulas de catro e cinco anos fixemos varios experimentos con xeo seco: verme ( máis ben, monstro) de burbullas, globo que se incha, pompas que flotan, auga que se conxela en menos de un minuto e logo volta a ser líquida E...CONVERTIMOS ZUME DE LARANXA NUNHA BEBIDA CON GAS!!!
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.
Temos que confesar que a burbulla xigante non nos saiu😕😕😕 e que,....esto dos experimentos, nunca se sabe!!!
Por fin chegou o día agardado: Escoitar o coro do IES ANTÓN FRAGUAS no Auditorio de Padrón. Actuación enmarcada dentro do Programa DE Educación Responsable no que estamos participando dende hai tres cursos.
O coro está formado por rapaces e rapazas do trece e catorce anos maioritariamente que, da man do seu mestre Carlos ensaian durante os recreos para logo deleitarnos con estas voces prodisiosas e preciosas cancións que lograron captar toda a atención dos nosos nenos e nenas.
Grazas por vir a visitarnos, cantar para nós e coñecer o noso colexio. Noraboa e seguide así que o facedes moi, moi ben!!!
Deixámosvos uns pequenos fragmentos da súa actuación. Agardamos que vos guste tanto como a nós:
Se acaba noviembre y con él, los cumples de este mes pero, no son los últimos de este año: Todavía tenemos dos compañeros de tres años.
El jueves 28 le tocó el turno de celebración a Darío.¡ Qué nervioso estaba! No hacía más que morder el mandilón, jejeje.
Nos explicó cómo hizo la tarta de galletas y chocolate con mami y que solo se necesitan cuatro cosas: chocolate, galletas, leche ("sin lactosa, eh") y chuches.
Con todo lujo de detalles nos explicó el proceso y,..."menos mal que no hizo falta el horno porque se nos estropeó".
Tuvimos que cantar dos veces "cumpleaños feliz" porque,...¡¡¡¡la impaciencia!!!! pero, no pasa nada, Así nos reímos un ratito más.
La tarta estaba " deliciosa, deliciosa", los bigotes de chocolate, para relamerse ante el espejo y reirnos unos con los otros, hasta la "luenga" estaba de color marrón.
Lo pasamos muy bien y, para terminar, no se nos podía olvidar nuestra "fiesta de burbujas".
Hoxe estivemos vendo e comentando varios cortos de animación sobre a igualdade de xénero. O que máis lles chamou a atención e máis comentarios desencadenou foi un no que se caricaturiza o papel da muller na sociedade, sobre todo o da ama de casa. Ainda que se pode sacar moito partido en Primaria e Secundaria, os nenos/as de Infantil sacaron "lecturas" moi interesantes:
...."As chicas non poden ser doctoras".
... "Os nenos e as nenas teñen que ser valentes pero, si se apaga a luz poden ter medo".
.... "O meu papá vén algunhas veces á miña cama cando chamo a mamá porque estou enferma".
....." Pues, mi mamá es la que hace siempre la comida".
...."Mi papá hace muchas cosas en casa pero "menos planchar".
... Yo quiero ser alcalde" (unha nena).
...."Y yo policía" (nena).
... " Yo quiero ser valiente y luchar con los dragones" (neno).
.... "Yo seré bombero y también peluquero (neno)".
... "Todos os nenas poden facer o mesmo pero as chicas non poden facer pis de pe nin os chicos ter nenos na barriga"... etc, etc,etc...
Como xa sabedes, o mes de novembro é o mes da ciencia. Na nosa aula iniciamos unha etapa de experimentos tentando reproducir un volcán aproveitando o xeo seco que nos pasou unha mamá que traballa nun laboratorio. Grazas Vero!!!
Estivemos moito tempo enredados falando sobre qué é un volcán e captando as ideas previas, facendo preguntas, intentando averigüar como se forma a lava, o tamaño dun cráter, a temperatura dentro da Terra,.... vendo documentais de volcáns reais en erupción, indo a buscar area ó areeiro, ollando os materiais que necesitábamos e facendo un listado, sentindo na cara o frío que desprendía o xeo seco (está a tan baixa temperatura que si o tocamos pode queimarnos), preparando o volcán,... e por fín fixemos que entrara en erupción ainda que non chegou a saír lava, foi todo un acontecemento ver como fervía dentro do cráter a auga con colorante.
Esta semana Manuel L. cumpliu 4 anos, por fín !!! Estivo moi nervioso toda a mañán pero paámolo moi ben:
Nada máis chegar preparou a súa coroa que quedou moi colorida, logo contóunos cómo cociñou a bica coa súa mamá, ingredientes que usaron, como se bate,botou a masa nunha "sarten" (insistiu) e logo, ó forno durante un ratiño. Cando a sacaron arrecendía moi ben pero queimaba. Arrecendémola todos e, efectivamente,....que ben ulía!!!!
Fixo a bica sen lactosa para que pudéramos comela todos/as e tamén nos trouxo batidos de chocolate, Un,...tamén sen lactosa: Que detalle. Grazas familia!!!
Non quedou nadiña!!! Estaba moi, moi boa!!!!
Rematamos o día coa nosa festa de Burbullas: Ollade o ben que o pasamos AQUÍ