Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do CEIP Flavia de Padrón. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Esperamos que vos gusten!
Xa estamos rematando de traballar o Outono e pronto pasaremos xa de cheo a traballar o Nadal. Pero seguimos con contos como "As tres folliñas" tralo que fixemos as nosas follas con acuarela.
E tamén recordando as cancións cantadas.
Sen dúbida de todas as cantadas a que máis lles gustou é a que subimos a continuación e que mostra un pouquiño máis como están na clase.
Despois de cantala, quixemos despedir esta estación facendo un bosque de Outono coas cores típicas desta estación, e este foi o proceso e o resultado final.
Seguimos traballando o outono e as súas características. E estes días tan chuviosos inspírannos tanto....que xa que non temos botas de auga e chubasqueiros de corpo enteiro para xogar no patio, polo menos chapoteamos na clase :).
Esta vez, tocou practicar o sopro con palliña, e sen ela. Ao final algúns parecían o lobo feroz a piques de derrubar a porta... pero outros se cansaban axiña, así que pronto empezaron a virar os papeis para que a pintura correse. E este é o resultado...
O venres na clase de 3 anos, probamos a facer plastina caseira.
A plastilina que fixemos era fácil, económica e rápida de facer e non tóxica!.
Ao principio falamos de que necesitabamos para facela, se crían que nos sairía ou non... Algúns dixeron que sí, pero a maioría que non, que era unha trapallada e non podíamos facer plastilina con eses ingredientes ou que sairía un biscoito coma o de Cocorico.
No que sí coincidiron foi en que estaban todos nerviosísimos.
Todos/as estaban intrigados e quería colaborar. Ao principio a hora de amasar dáballes un pouco de medo, logo coma sempre soltáronse.
Xa faremos mais cousiñas así
Esta semana temos dous cumples na nosa clase: Daniel e Asier cumplen 4 anos!. Xa son un pouco máis maiores. están moi contentos e pregóanno a todos os que atopan no colexio. O domingo fixeron entre os dous, coa axuda das mamás un biscoito que estaba boísimo. Explicáronnos algúns dos ingredientes que usaron e cómo hai que bater os ovos co azucre. Cando temos todo preparado metémolo no forno e esperamos " toda a tarde porque tarda moito en facerse". despois adórnase con azucre que "parece fariña" e xa o podemos comer con coidado que está moi quente. (Menos mal que houbo que esperar ó luns e xa estaba frío).
Pasámolo moi ben preparando as coroas debuxando tarxetas de felicitación e bailando coas pompas de xabrón.
Pero mentres tanto, levamos uns
días traballando os medos e as cousiñas de Samaín: bruxas, monstros, arañas,
cabazas.... con contos, cancións, charlas, xogos e moitas manualidades.
E como non, en 3 anos practicando motricidad fina. E que mellor que co trasvase (encantados quedaron, non tanto a señora da limpeza que cada día encontraría a pesar de limpar nos antes, fabas por todas partes). Creo que foi das actividades que máis lles gustou.
Tamén cazamos arañas escurridizas con pinzas:
Contamos arañas, axudánonos entre compis e probando ata canto podíamos contar
Xogamos a facer caras na nosa cabaza:
Axudamos a araña a facer a súa casiña. Esta actividade gustou, pero costaba moito traballo eso de facer nudos ou intentar tecer..
Pero como sempre o que máis gusta nesta clase foi a "chapa e pintura".
Por iso hoxe levaron os seus trabajitos de Samaín, para asustar un pouco na casa.
Uns traballiños que fixeron con diferentes técnicas como víchedes:
Pintamos con canicas e coas mans as nosas arañas peludas:
Pintaron con esponxas uns morcegos sobrevoando un ceo de outono. (O das esponxas non deulles un poco de grima 😊)
E fomos facendo a nosa "corre, corre, cabaciña" coas ideas que foron aportando:
Quería facer "chafalladas" e ahí puxemos os nosos garabatos de cores:
Logo probamos a pegar. Todo un descubremento o do pegamento, aínda queda moito que practicar.
E coma non, gomets por todas partes. Pintamos os cucuruchos das castañas para o magosto. E contribuímos os nosos talleres de xogos para a festa pintando uns tragacastañas.
Vamos que non paramos de traballar e xogar. Estamos agotados E mañá FESTA RACHADA!!!!! Pero mentres tanto deixamos unha das cancións que máis lles gustou os nenos/as de 3 anos, e iso que traballamos varias, pero esta triunfou.
Despois de contar os días que faltaban para o seu aniversario, POR FIN Lía cumpliu 4 anos!!!
Durante a fin de semana traballou moito: cociñou un biscoito de vainilla, fixo debuxos para todos/as os/as compañeiros e compañeiras.Ademáis trouxo unhas galletiñas sen lactosa quefixeron as delicias de todos/as.Estaba feliz e moi orgullosa contándonos como fixo o biscoito: catro ovos, fariña, azucre, leite sen lactosa, vainilla, levadura,... batir todo ("leva moito tempo") e logo meter no forno e esperar .... 1 hora!!!!.
Creemos que foi algomenos de tempo pero, xa se sabe,....as cousas boas fanse esperar, jejeje. O certo é que estaba DELICIOSO e, non quedou nadaaaa.