domingo, 24 de maio de 2020

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO AO 29 DE MAIO


1.-LAND ART PARA CONMEMORAR A SEMANA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA
Trátase de facer debuxos con elementos da natureza. 
E tamén podemos aproveitar para recoller follas e logo calcalas, ou ben calcar cortezas de árbores nos nosos paseos.

2.-COMEZAMOS A NOSA "CHULETA"  DE LETRAS VARIADAS
Podedemos facelo con cartóns ou folios, cada quen ao seu gusto. A idea que que vaian recortando letras maiúsculas e minúsculas en diferentes formatos e pegar un debuxo ou cousas de revistas... de forma que teñan unha "chuleta". Recoñecendo así diferentes formatos das letras que van traballando. Comenzade polas letras que  xa coñecen e logo, e pouco a pouco iremos completando esta colección.

3.-XOGAMOS COS NÚMEROS
É un xogo moi sinxelo como vedes. Precisamos un lámina con números do 1 ao 6 (pásovos o  cartón), un dado e  unhas fichas (vale calquera outra cousa que teñades a man). Hai que colocar tantas fichas como indica o número do dado. Gana o primeiro que teña todos os números completados. 
Trátase de que vain asociando, contando e aprendendo a xogar por quendas.

E tamén unha canción para repasalos


4.-REPASAMOS O INGLÉS E APROVEITAMOS PARA BAILAR E XOGAR UN RATO:

5.-MOVEMOS O ESQUELETO COA PROFE ESTEFANÍA

6.-REPASAMOS A CANCIÓN DE COCORICO COA PROFE NURIA. 
E déixovos por aquí os debuxos e co conto, porque seguro que terán ganas de repasalos:




SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE, SEMANA DO AO 29 DE MAIO


domingo, 17 de maio de 2020

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO


1.CONTAMOS E REPASAMOS A RECTA NUMÉRICA
Damoslles uns números impresos ou escritos nun papel e pedímoslles que fagan primeiro a recta numérica. Podemos xogar a facer trampas e cambiarlles algún número a ver se o descubren. E logo con bonecos, coches, ou algún dos seus xoguetes preferidos pedirémoslles que agrupen tal como di a tarxeta do número.

2.- TRABALLAMOS A CONCIENCIA FONÉTICA COA RODA DAS LETRAS E PINZAS DA ROUPA
 Pasareivos as rodas ;) ou tamén poden facerse caseiras recortando cousiñas de folletos e revistas. Como vedes é moi sinxelo: teñen que colorar unha pinza (así tamén traballan a psicomotricidade fina) no debuxo que empece pola letra da tarxeta. Aquí ao principio teredes que axudarlles un pouquiño, sobre todo coas letras que aínda non dominen, pero pouco a pouco irán mellorando. Con esta actividade ademáis de identificar palabras que comezan por esas letras, traballamos o son das letras que vai a ser moi necesario a hora de arrancarse a escribir mais adiante. 

3.- DEBUXAMOS SOMBRAS
Aproveitando o bo tempo podemos xogar a debuxar sombras. E logo podemos completar o debuxo coloreando ou debuxando o que se nos ocurra. Tamen podemos facer primeiro un fondo e logo debuxar a sombra.


4.-FACEMOS UNHA NOVA SESIÓN  DE PSICOMOTRICIDADE DA PROFE ESTEFANÍA


6.- CHEGOU A PRIMAVEIRA COA PROFE NURIA:





SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE, SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO



domingo, 10 de maio de 2020

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO


ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Seguimos coas propostas de traballo, para este semana propóñovos facer: 

UN MANTEL PARA PRACTICAR OS TRAZOS.
Está actividade a fixemos na clase as últimas semanas. E serve para traballar o trazo que logo empregaremos no trazado de letras e números. 
Podemos empregar unha tea vella, unha cartulina,papel de envolver,etc para facer a base. E nela debuxaremos diferentes trazos. Logo con pedriñas,  bonecos pequenos,pasta...ou o que teñamos a man seguiremos o trazo. 

ASOCIAMOS NÚMERO-CANTIDADE
Novamente nunha base que pode ser tamén tea,varios folios....debuxaremos con axuda dun vaso 10 círculos. E faremos como na foto. Pintaremos en cada círculo 1,2,3...puntiños e nunhas tapas,cunchas,vasos...o que teñamos a man...os números do 1 al 10. E simplemente terán que ir contando puntiños e asociando número e cantidade. Compensa facer este tipo de actividades máis que tanta ficha, porque así tamén nos aseguramos que realmente entende o concepto do número. 

PINTURA PARA A HORA DO BAÑO
Hai moitas recetas. Está semana propóñovos esta. Un consello o azul mancha moito :). Probade a primeira vez con amarelo ou vermello. Con esta actividade enguarran un poco, pero o pasan xenial e é mais fácil de limpiar. É unha receta moi rápida, a dificultade está en que non mollen moito o pincel na bañeira ou se diluirá moito, pero o importante é que experimenten e xoguen. Podedes aproveitar para repasar as cores, facer mexturas e ver que cor sae...
Necesitades: 
1 culler de almidón de maíz (Maicena)
5 pulsacións de xabón do baño
3 gotas de colorante alimentario
1 ou dúas culleradas de auga. Depende da consistencia que queirades. 
1 pincel (ou pintar cos dedos)
Recipientes para as cores, por exemplo o do xeo
Se non vos queda como queredes xogade coa cantidade de maicena, auga e xabón.



CANCIÓN DA VOGAIS



PRACTICAMOS SERIES POÑENDO PULSEIRAS
Hai que seguir a serie escollendo a pulseira que ven a continuación, déixovos as variantes de máis fácil a difícil.





XOGAMOS O ESPELLO MUSICAL COA PROFE NURIA 


FACEMOS PSICOMOTRICIDADE CON ESTEFANÍA


POEMA QUE DA MEDO.

 POEMA QUE DA MEDO. Por fin, xa era  tempo de colgar o vídeo do noso conto de medo! Que ben o pasamos preparándonos, pintando o castelo e lo...